Nace en Vigo e Pontevedra a primeira escola de escritores de Galicia - Metropolitano
viernes, 22 de enero 2021
No Result
View All Result
Metropolitano
Alertas WhatsApp
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano
Portada Gafapasta

Nace en Vigo e Pontevedra a primeira escola de escritores de Galicia

Nace en Vigo e Pontevedra a primeira escola de escritores de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Síguenos en Facebook

Metropolitano.gal
MetropolitanoPorMetropolitano
20/05/2020

“Tod@s temos unha historia que contar”. Baixo este lema como sinal de identidade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Director Xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentaron hoxe a que será a primeira Escola de Letras de Galicia e unha das poucas existentes no estado, “a primeira que nace coa potencia dun apoio editorial”, como ambos sinalaron na rolda telemática, na que tamén participou a deputada de Cultura Victoria Alonso.

“Falamos dun proxecto no que a Deputación e Galaxia levamos traballando case un ano”, subliñou Carmela Silva, que definiu este lanzamento como “un soño cumprido que converte a esta provincia de novo nunha referencia”. “É unha idea marabillosa, dixo, que apoia directamente ás escritoras e escritores, pero tamén a todas aquelas persoas que gozan escribindo e ás que podemos axudar a crecer na súa paixón”. Carmela Silva incidiu no refuxio seguro que ten sido a literatura no confinamento, e sinalou que “agora, fronte ao ruído que non aporta nada, unha Escola como esta é máis necesaria que nunca porque a cultura é unha necesidade vital. Deixemos a palabrería e démoslle sitio á palabra”. A presidenta da Deputación, asegurou que “esta Escola supón o pracer de usar a palabra como instrumento de comunicación individual e colectivo, e non é unha idea efémera, a Escola chega para crecer e permanecer”

Pola súa banda o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, amosou a súa ledicia por sacar á luz “a Escola de Letras, un proxecto novidoso e único a nivel galego e estatal, porque non existe nada así”. Castro agradeceu á Deputación “a súa complicidade coa cultura o que nos axuda a materializar proxectos como este que contribúen a transformar a realidade”. O director de Galaxia, subliñou que a Escola de Letras nace co obxectivo de ofrecer ás persoas a posibilidade de contar “as súas historias” e “converter en literatura as súas vidas”. “O único requisito marcado para participar, dixo é ter amor pola palabra e a literatura”. Castro, que definiu o proxecto como moi ambicioso “que pretende transformar a realidade. Será un lugar para soñar a través da palabra”.

O director de Galaxia detallou que a Escola de Letras da Deputación terá un dobre emprazamento nas sedes provinciais de Vigo e Pontevedra e contará cunha oferta formativa dun gran poder lúdico que unirá literatura e pracer e que permitirá ás persoas asistentes gozar dos libros, da lectura e da escrita dunha maneira nova e insospeitada. Amais, estará aberta á participación de calquera persoa interesada, a partir dos 16 anos, xa que o alumnado non terá que ter coñecementos previos de ningunha clase e recibirá todo o material na propia Escola. A súa posta en funcionamento terá que adaptarse aos tempos e medidas que vaia marcando a evolución da pandemia da COVID19, xa que o cronograma previsto para o comezo tivo que reformularse pola crise sanitaria. “Se as autoridades sanitarias o permiten o primeiro obradoiro, sobre escritura creativa, terá lugar na segunda quincena de xuño en Vigo e, posteriormente, a Escola continuará o seu curso en setembro, con ata nove obradoiros más repartidos entre Vigo e Pontevedra”.

A actividade formativa desenvolverase ao longo do curso e estará baseada na realización dos obradoiros, dun máximo de 15 persoas cada un, que estarán dirixidos por escritoras e escritores. É dicir, “unha formación personalizada porque queremos que escriban”, impartida por autoras e autores de dilatada traxectoria, primeiras espadas da literatura galega, e con experiencia na dirección para todos os chanzos de idade. Así, a acción da Escola gravitará arredor destes obradoiros literarios en ambas sedes da Deputación. En Vigo se impartirán o de Escrita Creativa Básica, o obradoiro Literario de Perfeccionamento, o obradoiro de Poesía de Perfeccionamento e o obradoiro Literario para Maiores. En Pontevedra o de Escrita Creativa Avanzada, o obradoiro Literario de Iniciación, o Literario Avanzado e o obradoiro de Poesía Básico.

A acción da Escola de Letras tamén desenvolverase ao través de encontros con profesionais do mundo do libro, ou da realización de recitais con público onde dar a coñecer o froito do seu traballo. Amais, publicarase un libro dentro do Catálogo da Editorial Galaxia que recollerá, cando menos, un traballo por cada participante. “O importante, sinalou Castro, non é só crear, senón tamén sacar á luz esas creacións”. Igualmente, a Escola ten tamén o seu logotipo con tipografía propia, “un logotipo que foi feito pensando na idea da felicidade que transmite a literatura e que expresa o concepto do bo rollo”. Tamén se traballará na presenza nas redes Sociais a fin de crear comunidade, e como ferramenta de comunicación continua entre as persoas participantes antes, durante, e despois da actividade, así como co conxunto da cidadanía. Falamos, polo tanto dun proxecto novidoso que apoia e fomenta a cultura na súa vertente máis literaria e que pretende darlle á cidadanía unha oportunidade para fomentar a imaxinación e o gusto pola literatura, cunha axuda dirixida para que sexan quen de crear textos literarios propios.

Para as persoas que estean interesadas en participar, a partir deste xoves, 21 de maio, Galaxia habilitará unha conta de correo para que poidan formalizar a súa solicitude, que será atendida por rigoroso orde de entrada.

Tags: Deputación de PontevedraGalaxia
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Más noticias

Descubre los espectáculos que componen Vigocultura 2018
Gafapasta

Unha programación cultural 'en liña' en Vigo "para que a pandemia non afogue a cultura local"

O BNG de Vigo propón que se organicen actuacións e eventos no Auditorio Municipal para a súa emisión por medios dixitais

PorMetropolitano
14/01/2021
A película "Ons", de Alfonso Zarauza, abre a nova edición do Culturgal
Gafapasta

O filme "Ons" logra o mellor promedio de espectadores por sala en toda España

Está ambientado na Illa de Ons en formato de drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’

PorMetropolitano
11/01/2021
A Editorial Galaxia relanza as publicacións máisa representativas da Xeración Nós
Gafapasta

A Editorial Galaxia relanza as publicacións máisa representativas da Xeración Nós

O convenio da editorial coa Xunta permite a reedición destes volumes enmárcase nas actividades programadas polo Goberno galego con motivo do centenario da revista "Nós"

PorMetropolitano
29/12/2020
A Deputación estrea esta Noiteboa o seu "netflix do teatro" para levar a cultura a cada fogar
Gafapasta

A Deputación estrea esta Noiteboa o seu "netflix do teatro" para levar a cultura a cada fogar

“Prendendo Butacas na Casa” permitirá desfrutar de oito representacións teatrais vía streaming na web da institución provincial

PorMetropolitano
24/12/2020

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *






LO ÚLTIMO

Galicia se prepara para recibir a Hortense, que activa el aviso naranja por fuertes vientos

Galicia se prepara para recibir a Hortense, que activa el aviso naranja por fuertes vientos

21/01/2021
“En Ruta coa Depo”: estos son los destinos que puedes descubrir en Pontevedra

A Guarda elabora un listado con los bares y restaurantes que siguen ofreciendo servicio

21/01/2021
Mos rinde homenaje a la segunda mejor florista de España

Sergio Dalma cancela, de nuevo, su concierto en Vigo

21/01/2021
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de Vigo y su área metropolitana. ¿El objetivo? Que los 600.000 vecinos y vecinas descubran cómo disfrutar de su localidad y de todos los concellos del área.

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© 2020 Metropolitano.gal.

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Alertas WhatsApp

© 2020 Metropolitano.gal.

X