• Navidad de Vigo
  • Ikea en Vigo
  • 'Thriller' en Vigo
  • Obras en Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Socavón acera
  • Fortaleza Chocolate Valença
  • Histórico edificio Vigo
  • Amancio Ortega
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA General

A UVigo participa nun proxecto que emprega a intelixencia artificial para loitar contra o crime

A UVigo participa nun proxecto que emprega a intelixencia artificial para loitar contra o crime
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/07/2021

Intelixencia artificial para loitar contra o crime e o terrorismo na rede. A Universidade de Vigo é un dos socios do proxecto europeo Uncover, Development of an efficient steganalysis framework for uncovering hidden data in digital media, un traballo posto en marcha co obxectivo de facilitarlle ás diferentes axencias europeas de seguridade (LEA) a detección de información oculta en datos de aparencia inocente como imaxes, vídeos, audios e arquivos de texto que circulan en calquera tipo de contorna dixital. Financiado pola Comisión Europea con 6,9 millóns de euros dentro do programa Horizonte 2020, o proxecto está coordinado pola Real Academia Militar de Bruxelas e suporá a colaboración dun consorcio integrado por 22 socios de nove países, entre eles, as principais axencias europeas de seguridade, institutos forenses e investigadores líderes neste campo que traballan en oito universidades e institutos de investigación, entre eles o Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, GPSC, da agrupación estratéxica atlanTTic da UVigo, e varias empresas.

Para lograr o seu obxectivo os participantes de Uncover comprométense a impulsar a investigación en esteganografía, unha técnica de ocultación de información en arquivos multimedia dixitais de aparencia inocente, de cara a aumentar substancialmente a autonomía tecnolóxica das axencias de seguridade á hora de detectar este tipo de arquivos. Arrancaron o 1 de maio é por diante teñen 36 meses de traballo. Entre outros socios cómpre destacar a participación da policía dos Países Baixos, o Ministerio do Interior de Francia ou a Oficina Nacional de Investigación de Finlandia.

Másnoticias

Música en directo, gastronomía y muchos puestos en la feria marítima de Canido

Vigo ultima una humanización "de alto standing" para el acceso a la costa de Canido

27/11/2025
Furor en la inauguración de la tienda de Ikea en Vigo con colecciones especiales y gastronomía

Furor en la inauguración de la tienda de Ikea en Vigo con colecciones especiales y gastronomía

27/11/2025

Desde a Universidade de Vigo dirixe o proxecto o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Fernando Pérez, quen explica que a principal tarefa do seu grupo de investigación neste traballo será aplicar técnicas de análise forense de contidos (imaxes e vídeo) como preprocesado para detectores estenográficos específicos, “isto é, detectores de comunicacións secretas escondidas en contidos multimedia”. Estes detectores especialízanse, tal e como explica o docente vigués, en función da historia previa de ditos contidos: “por exemplo, sabendo que unha imaxe pasou por Instagram e despois por WhatsApp, podemos deseñar detectores de comunicacións secretas máis efectivos”, apunta Pérez, ao que engade que no seu caso, a análise desa historia previa farase empregando tanto técnicas estatísticas clásicas como de intelixencia artificial.

Xunto a el formarán parte do equipo de investigación de Uncover na UVigo, o profesor Pedro Comesaña e os investigadores Elena Rodríguez e David Vázquez. “Ter sido seleccionados para participar neste consorcio europeo é todo un recoñecemento á nosa investigación na análise forense de imaxes e vídeos, algo no que levamos xa moito tempo traballando”, apunta o responsable do proxecto. Con máis de 300.000 euros de financiamento –parte que lle corresponde á UVigo do total do proxecto-, desde o seu punto de vista, o que fai especialmente interesante este traballo é, por unha banda, a aplicación “que se sae da típica de detección de manipulacións e verificación da integridade de imaxes e vídeos e se centra no preprocesado para a detección de comunicacións secretas”, e, pola outra, a participación de numerosas policías e institutos forenses de Europa, “que nos van dar de primeira man a súa perspectiva de usuarios”.

Traballo suxeito a “elevadísimas” medidas de seguridade

Cualificado como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de forma ininterrompida desde a instauración destas axudas no 2006 e con ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos europeos –participaron xa en oito traballos financiados polos diferentes programas marco- , este é o proxecto máis grande no que nunca participou o Grupo de Procesado de Sinal nas Comunicacións. “Para nós traballar nestas temáticas con vinte e dous socios vai a supor todo un reto, sobre todo polas elevadísimas medidas de seguridade que imos ter que implementar”, explica o coordinador.

Xunto ao grupo GPSC de atlanTTic, outro dos socios españois do proxecto é Gradiant. Nesta caso, o centro tecnolóxico galego liderará unha das actividades de investigación deste proxecto traballando tamén con tecnoloxías de análise forense. O obxectivo será desenvolver unha ferramenta (baseada en tecnoloxías de Machine Learning) que permita obter información dunha imaxe e localizar determinadas trazas inseridas por ferramentas de esteganografía, mellorando considerablemente a información achegada polas ferramentas de estegoanálisis. Así mesmo, os especialistas de Gradiant traballarán noutra da actividades de Uncover con intelixencia artificial e tecnoloxías de procesado de linguaxe natural ( PLN) para deseñar un novo método de detección de estegoanálisis de texto.

Completan o cadro de socios españois a policía autónoma vasca e a empresa alacantina Ethical&Legal Plus, spin-off da Universidad Miguel Hernández que será a responsable de monitorizar os aspectos éticos e legais do proxecto.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Mos lanza un "Glovo" para la tercera edad con menús a domicilio por 7 euros
Enfoque

Mos lanza un "Glovo" para la tercera edad con menús a domicilio por 7 euros

...

PorUxía Pérez
15/10/2025
O CSD recoñece a excelencia deportiva e académica de Tania Álvarez
General

O CSD recoñece a excelencia deportiva e académica de Tania Álvarez

...

PorCarlos I. Castrillón
10/10/2025
Mos, cuarto concello de la provincia con más alumnado de primaria solo detrás de las tres ciudades
General

Denuncian que hay hasta 86 vacantes de profesorado sin cubrir en el área de Vigo

...

PorMetropolitano
10/09/2025
Los incendios vuelven a cortar la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid
General

Los incendios vuelven a cortar la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid

...

PorIván Dacaly1 Otros
13/08/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

28nov18:00Presentación de "Beland, mi lugar en el mundo" en Vigo

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X