O equipo da Universidade de Vigo formado polos estudantes da Escola de Enxeñería Industrial Raquel Fernández Vieitez e Guillermo Fernández Sánchez acaba de facerse co segundo posto do torneo LEDU, Liga Española de Debate Universitario, para estudantes STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) que promove Telefónica para fomentar as habilidades dialécticas dos futuros profesionais científicos e tecnolóxicos e que, debido á pandemia, se levou a cabo de xeito totalmente telemático.
Os dous están a piques de titularse no Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e nunca participaran en ningún torneo similar. “Ningún dos dous fixeramos nada relacionado co mundo dos debates, ambos comezamos este curso e o certo é que foi unha experiencia xenial”, salienta Fernández Vieitez, ao que engade que “estamos moi satisfeitos con ter participado e, dalgún xeito, axudar a demostrar que os debates e a oratoria non só é algo de letras, senón que está ben que se fomente en todos os campos”.
O torneo congregou a estudantes de oito universidades españolas, todas elas con Cátedra Teléfonica - Carlos III, Deusto, Francisco de Vitoria, Las Palmas de Gran Canaria, Politécnica de Madrid, Pompeu Fabra, Sevilla e Vigo-, acadando o primeiro posto o equipo da Universidade Politécnica de Madrid e quedando finalistas, ademais de Vigo, a Universidad Carlos III de Madrid e a Universitat Pompeu Fabra.
O debate final formulouse en torno á pregunta de si a sociedade está protexida, persoal e socialmente, fronte ao control dos algoritmos e nel os diferentes equipos argumentaron tanto a favor como en contra, converténdose nun torneo cunha dialéctica moi viva, con numerosas referencias ao ordenamento xurídico, á necesaria e imparable dixitalización, así como á importancia de adquirir competencias dixitais, á equidade e á igualdade.
A través deste torneo pioneiro en España, Telefónica e a LEDU fomentan e impulsan as coñecidas como habilidades soft ou blandas que implican desenvolver competencias en argumentación, intelixencia emocional e empatía, manexo do tempo e o estrés, traballo en equipo, espírito crítico e innovador, creatividade, resolución de problemas... e, en xeral, todas as capacidades que permiten combinar a eficacia e a efectividade e que son moi apreciadas polas empresas.
El mercado de Oia pronto lucirá su nueva imagen. Xunta y Concello ya han firmado un acuerdo para la reforma de todo el entorno
La compañía aérea Binter ofrece dos nuevas frecuencias a las Islas Canarias este verano. ¡Descubre aquí qué días y los horarios!
La Xunta anunció la licitación del proyecto y de la dirección de obra del edificio que acogerá los alojamientos con alquiler asequible para jóvenes en Vigo
Para el sábado y el domingo, las citas en Vigo y su área estarán marcadas especialmente por la música en directo
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL