Un percorrido polas mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia de Pontevedra, como os labirintos circulares de Portaxes, no alto do Monte Tetón, na parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra. Isto é o que ofrece a exposición ‘Escenarios de Prehistoria’, unha mostra argallada a través de fotografías de Federico de la Peña posta en marcha pola Deputación de Pontevedra da que se poderá disfrutar no Mercado de Tomiño ata o vindeiro 10 de decembro.
Pode interesarche: Consulta outras exposicións na área de Vigo
Con esta exposición trátase de "poñer en valor un dos bens patrimoniais máis relevantes da provincia de Pontevedra", como son os asentamentos prehistóricos de gran relevancia, dándoos a coñecer ao público.
A través de 45 fotografías enmarcadas e paneis explicativos dos diferentes períodos, a mostra fai un percorrido pola historia a través “dalgúns dos restos máis destacados e espectaculares da provincia”, como resaltou o seu autor, divididos en catro grandes bloques temáticos: os asentamentos paleolíticos, os monumentos megalíticos, os petróglifos e os castros.
Entre as fotografías expostas figura o xacemento de Chan do Cereixo, localizado entre as parroquias de Donas e Pinzás, nos concellos de Gondomar e Tomiño, ou o de Portaxes, considerado a segunda combinación circular máis grande de Europa, formada por 18 círculos e cun diámetro de case 2,5 metros. Ao seu carón atópase a que é posiblemente o labirinto circular máis grande do continente europeo, de máis de 3 metros de diámetro, aínda que moi gastado polo paso do tempo e pouco visible.
Vuelve el espectacular campo de girasoles gratis que abre solo durante unos días en el norte de Portugal. Un paisaje digno de ver una vez al año
Llega el gran desfile militar y exhibición aérea del Día de las Fuerzas Armadas (DIFAS) en Vigo. ¿Cómo llegar a Samil?
Además, denuncia que "no figura ninguna garantía" sobre el acceso de las mutuas a la historia clínica de los trabajadores
La alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, señala que el fuego se originó por el incendio de un tractor que se propagó por las fuertes rachas
La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL