• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA General

O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola UVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/01/2023

A Universidade de Vigo sumará nos vindeiros meses un novo doutor honoris causa, que se converterá no número 29 da institución académica viguesa. A proposta dos profesores Luis Liz Marzán e Miguel Correa Duarte, aprobada por unanimidade en setembro do ano pasado polo Departamento de Química Física da UVigo, recibiu este martes o respaldo, por asentimento, dos membros do Consello de Goberno da UVigo, que recoñecen coa concesión do grao de honoris causa ao químico ruso Nicholas A. Kotov os seus logros en materia de nanoestruturas biomiméticas, que permitiron importantes avances tecnolóxicos, así como a súa colaboración, desde hai anos, con investigadores e investigadoras da UVigo. "É un exemplo de como a ciencia básica pode ter aplicacións de grande interese", sinalou a vicerreitora de Investigación da UVigo, Belén Rubio, en relación con Kotov, a quen o reitor, Manuel Reigosa definiu como “unha persoa sinxela, que será un grande activo na UVigo como doutor honoris causa".

A aprobación da concesión do grao de honoris causa a Nicholas A. Kotov foi un dos asuntos que este martes se abordou na sesión ordinaria de Consello de Goberno, na que tamén se deu luz verde a un total de 76 premios extraordinarios de grao e doutoramento que serán entregados o vindeiro venres no acto de celebración de San Tomé. Así mesmo, as e os integrantes do órgano de goberno da UVigo tamén aprobaron por asentimento as declaracións de interese de modificación e verificación de títulos de grao, mestrado e doutoramento, entre os que destaca como novidade a luz verde ao Máster en Enfermaría, que estaría adscrito á Facultade de Fisioterapia do campus de Pontevedra, ata que non se cree a Facultade de Enfermaría. Neste sentido, o reitor avanzou conversas coa Consellería de Sanidade para iniciar o trámite de desascrición dos tres centros adscritos de Vigo, Ourense e Pontevedra. "A desascrición será progresiva, de xeito que os centros vaian desaparecendo, incorporándose a unha única facultade, con docencia nos tres campus e ligado aos complexos hospitalarios de cada unha das tres cidades", explicou o reitor, que tamén confirmou o recente nomeamento dun decano comisario, Rafael Durán Barbosa, para un proceso, que lembrou será longo, “aínda que é unha aposta que ten que saír o antes posible”, dixo Reigosa.

Másnoticias

Foto de archivo de un mercado de ropa (Foto: Freepik).

Aterriza en Vigo un nuevo mercado con joyas artesanales y ropa de segunda mano

08/06/2025

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

08/06/2025

¿Quen é o próximo doutor honoris causa da UVigo?

Recoñecido internacionalmente polos seus descubrimentos fundacionais no campo das nanoestruturas biomiméticas, Nicholas A. Kotov é docente e investigador da Universidade de Michigan, que no ano 2020 lle outorgou o recoñecemento Irving Langmuir Distinguished University Professor of Chemical Sciences and Engineering, un dos máximos honores que concede esta institución. Ademais dos seus grandes logros científicos no campo das nanoestruturas biomiméticas, que transcederon a numerosas disciplinas, desde a enxeñaría química, ata a ciencia dos materiais, Kotov tamén destacou pola súa capacidade para recrear no seu laboratorio o proceso universal mediante o que ten un lugar a ensamblaxe de estruturas biolóxicas moi complexas, así como o descubrimento das vías que utiliza a natureza para crear estes materiais complexos. Con esta visión, o químico, nacido en Moscova no ano 1965, sintetizou un gran número de materiais con propiedades extraordinarias que previamente se consideraban inalcanzables.

Moitos dos descubrimentos realizados por Nicholas A. Kotov contaron coa colaboración de investigadores da UVigo, como é o caso, desde 1997, de Luis Liz Marzán, e o entón estudante de doutoramento e agora catedrático do Departamento de Química Física, Miguel Correa Duarte. No seu traballo conxunto, aplicaron o método de ensamblaxe capa-por-capa para controlar a estrutura na nanoescala de nanocompostos biomiméticos magnéticos e fotoluminiscentes, dando como resultado un importante número de publicacións. Pola súa banda, durante a elaboración da tese da profesora Isabel Pastoriza, identificáronse as propiedades plasmónicas e biolóxicas esenciais de diversos nanocompostos autoensamblados. Varios destes estudos resultaron fundamentais para o desenvolvemento do campo dos materiais biomiméticos e bioinspirados, permitindo avances tecnolóxicos relacionados coa electrónica, tecnoloxías enerxéticas, descubrimento de fármacos, implantes biomédicos e robótica.

Kotov publicou más de 370 artigos nas revistas de maior prestixio, un 20% deles en Science, Nature ou Journal of the American Chemical Society, tres das revistas científicas do mundo no ámbito da química máis importantes. O seu impacto académico revela un índice h de 138, con máis de 70.000 citas, un dos máis elevados do seu campo. Recoñecido polo Departamento de Defensa de EEUU, a American Chemical Society ou a Royal Society of Chemistry, Kotov tamén converteu ao longo da última década a súa investigación en seis empresas start-up, todas elas relacionadas coas tecnoloxías biomiméticas.

Logo da aprobación hoxe, por parte do Consello de Goberno, da concesión do grao de honoris causa a Nicholas A. Kotov, o químico ruso converterase no 29º honoris da UVigo, sucedendo a Jacquelyn C. Campbell, profesora da Universidade Johns Hopkins de Estados Unidos, investida, no ano 2018, polos seus pioneiros estudos de xénero e considerada na actualidade unha das máis sobresaíntes académicas no escenario internacional en materia de violencia contra a muller, especialmente nas relacións de parella.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Renfe modifica los horarios de varios trenes en Galicia a partir del 9 de junio, seis de ellos en Vigo

...

PorMetropolitano
24/05/2025
General

La Guardia Civil registra un buque en el Puerto de Vigo para investigar si transporta droga

...

PorEuropa Press
15/05/2025
Foto: Mercado Reciclado
General

El Mercado Reciclado más sostenible llega a Vigo este fin de semana con múltiples actividades

...

PorIván Dacal
02/05/2025
Foto: Pazo A Toxeiriña (Moraña)
General

La provincia de Pontevedra celebrará una Gala de Turismo histórica en una de sus joyas interiores

...

PorAlfredo Teja
28/04/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X