O Premio Sesé Mateo de Xornalismo ético, celebrado o pasado 25 de novembro, ten como intención recoñecer públicamente a ética á hora de tratar información tan sensible como a relacionadas coa violencia machista. A gañadora, Cristina García (Radio Galega, O Grove) destacou a singularidade do galardón ao valorar traballos xornalísitcos que se escapan do formato tradicional. Para a locutora “os premios institucionais soen concederse a traballos puramente informativos, eu dedícome ao entretemento, un formato que non soe ser carne de premio. Con este recoñecemento deixase constancia que todas as canles on válidas para facer chegar unha mensaxe”.
Cristina García López recibiu o galardón polo capítulo ‘Mentres dormes’, do seu podcast ‘Superando a ficción’, que afonda nas violacións por submisión química. “O podcast permite realizar un traballo sen presión de prazo e desa forma trátase a información con perspectiva e agarimo”. Superando a ficción destaca por narrar historias a modo de conto, unha fórmula que engancha ao espectador para ofrecer ademáis de entretemento educación. No seu discurso Cristina García sinalou: “Nunca vou olvidar o Premio Sesé Mateo, este é un nome que levarei ligado toda a miña vida”.
A alcaldesa Digna Rivas, na súa intervención, quixo agradecer a tódolos xornalistas “que a través do seu traballo cambian a narrativa da historia e conseguen influir na sociedade de forma positiva. Este premio está pensando para recoñecer e difundir aqueles traballos que sigan unha moral feminista que é clave para cambiar o mundo”. Dedicou unhas palabras de especia agradecemento a gañadora pois “o seu traballo impactou no xurado precisamente pola forma de tratar a violencia. A través da música, a súa voz narradora e as historias que contaba consegui xerar un movemento e revolver a conciencia do espectador. Un taballo que destaca por perdurar na memoria”.
O premio, ademais dos 1.500 euros, inclúe a entrega dunha escultura do artista abstracto redondelá Moisés Iglesias Santos. “Este é un galardón moi especial, pois o artista crea pezas únicas cada ano adicadas especialmente a este premio. Todo un privilexio pola singularidade da súa forma de traballar, pero ademáis porque en ningún outro premio institucional se transforma e premio cada ano”, explica Rivas. A escultura ven con certificado de autenticidade e este ano “A peza está composta por tres pezas de madeira que conforman unha figura abstracta, pero na que se poden detectar matices femininos, pensados especialmente para este certame e para homenaxer a Sesé Mateo”, explica Moisés Iglesias.
Arantxa Treus foi a encargada de presentar e conducir a gala. O seu traballo como actriz permitiulle ser creativa e intervir con sensibilidade. Destacou o seu monólogo final no que emocionou o público a través dun discurso de valentía no que contou episodios persoais da súa vida nos que a sociedade, a súa contorna e ela mesma chegaron a normalizar a violencia. “Houbo momentos da miña vida nos que me sentín culpable e responsable pola violencia machista exercida directamente cara min e o meu corpo. Grazas ao feminismo pode decir que vivo con menos medo e entendo que a culpa non é miña, senón do maltratador. Unha mensaxe que me gustaría pasar as novas xeracións para un futuro sen medo, polo meu fillo e polos fillos e fillas de todas”.
Fixo unha interpretación de ‘As túas uñas gastadas: diálogo poético’, unha lectura na que se pon en diálogo a poesía de Sesé coa doutras autoras que coinciden no tempo. Para Digna Rivas este foi un dos momentos máis sorprendentes e orixinais da noite, pola súa actuación visceral chea de sentimento que facía vibrar ao público cos poemas de Sesé Mateo”.
Ademáis de poesía tamén houbo momento para contos. A escritoria Eva Mejuto fixo a lectura dun dos seus contos ‘Neco’, que enlazou co conto ‘As mulleres que cultivaban néboas’ de Bea gregores. Unha lectura moi acertada coa que pretendía lanzar unha mensaxe poderosa: “Hai que darlle a volta ao conto”. Explicou que para ela a narración é a arma máis poderosa para cambir o mundo e a perspecgiva que ten a sociedade sobre a historia. “Non podemos deixar que as persoas con falta demoralidade sexan as que dominen o discurso. As persoas estamos condicionadas pola forma en que recibimos a información, por iso considero tan importante o traballo de xornalistas como Cristina García que están tratando de facer un mundo mellor, un mundo máis feminista”.
O momento musical correu a cargo de Su Garrido Pombo, unha cantante e compositora galega con estilo folk e raíces tradicionais galegas, pero con matices Jazz e de bosanova que foi o broche perfecto que mesturou tradición con modernidade.
Da boa acollida deste premio, “que nace con vocación de continuidade”, afirma a rexidora “fala o feito de que este ano aumentou o número de particiación e a diversidade de orixe dos traballos presentados que abranguen os tres medios de prensa: escrita, radio e televisión. Quero agradecer o traballp de tódala xente que participou para facer posible este certame, pero especialmente a Joshua Mateo que traballa cada día pola igualdade e a eliminación da Violencia de xénero. Porque este Concello non se olvida de que a loita non se fai só nas datas sinaladas, senón que é un esforzo diario”.
El Concello de Vigo anuncia numerosas actividades por el 25N. ¡Consulta aquí todas las propuestas y sus fechas!
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL