• Futuro chiringuito Vigo
  • Calendario escolar Galicia
  • Playa fluvial
  • San Juan Vigo
  • Fiestón Portugal
  • Precios Feria de Abril
  • San Xoán Poio
  • Pantalla Mundial
  • Sons do Casco
  • Alerta tormentas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Igualdad

A exposición na que Barbie mostra a realidade que sofren as mulleres

A exposición na que Barbie mostra a realidade que sofren as mulleres
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/03/2018

“‘Rompe. Xoga en Igualdade’ nace para loitar contra todas as inxustizas, para rachar coa desigualdade e construír un mundo mellor”. Así o asegurou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na inauguración da mostra de poesía visual ‘Rompe. Xoga en Igualdade’ que, a través de 18 paneis e de vitrinas con bonecas Barbies “intervidas”, amosa as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que sofren as mulleres ao longo de toda a súa vida desde o momento no que nacen. Para inaugurar a mostra, que estará dispoñible no Pazo provincial ata o vindeiro 8 de abril, Carmela Silva estivo acompañada polas deputadas provinciais Eva Vilaverde, Digna Rivas, Chelo Besada e Montse Magallanes e polas creadoras da mostra, Isabel Blanco, Irene Silva e Noemí Chantada, así como dos deputados provinciais aos que a Presidenta agradeceu “que estean presentes sen subir ao escenario porque estamos fartas de fotos de homes, queremos fotos de mulleres porque queremos o que nos corresponde, a metade de todo”.


É do teu interese: Como celebrar e reivindicar o Día da Muller en Vigo e a súa área 

Másnoticias

Uno de los mejores festivales gratuitos de Galicia arranca en Pontevedra, vuelve Surfing the Lérez

Última oportunidad para salvar uno de los mejores festivales gratis de Galicia, el Surfing The Lérez

12/06/2026
De "casa de maestros" a un referente cultural, así será el futuro Museo Municipal de Redondela

Redondela desbloquea nuevos fondos para hacer realidad su museo municipal

10/06/2026


“Rompe. Xoge en Igualdade” é unha mostra “extraordinaria, vangardista, rompedora, provocadora mostra ideada por grandes mulleres que son valentes mesmo sabendo todo o que teñen que padecer por defender algo tan fermoso”, asegurou Carmela Silva. “Ao abrir o catálogo arrepía a pel e abre as nosas conciencias”, afirmou a presidenta da Deputación de Pontevedra, que ten claro que “vai dar moito que falar porque amosa a realidade cruel das mulleres a través dunha boneca que non nos representa a todas” senón que, máis ben, é unha “muller-obxecto delgada, elegante e cun armario cheo de vestidos de todo tipo, que sempre está á disposición do seu Ken” pero que, a través da súa intervención, “convertémola nunha boneca digna”, asegurou Carmela Silva.

A presidenta da institución provincial asegurou que “estamos fartas porque levamos séculos loitando e, grazas ás feministas, avanzamos moito. Todos eses avances conseguidos polas feministas construíron un mundo mellor para todas e para todos”. A mostra recolle temáticas como a beleza, a prostitución, os ventres de aluguer, o matrimonio infantil ou o maltrato, entre outros. A Presidenta provincial reivindicou que “hoxe estamos aquí mulleres loitando por un mundo diferente no que todas e todos teñamos a posibilidade de ser iguais, libres e construír espazos e territorios xuntas e xuntos”. Trátase, en palabras de Carmela Silva, de “accións de denuncia das terribles discriminacións que padecemos as mulleres en todos os lugares do planeta, e hoxe queremos alzar as nosas voces para construír outra humanidade”.

Desde pequenas, ás mulleres “dísenos con que xoguetes debemos xogar para que os roles establecido durante séculos sigan vivos”, “edúcasenos para que busquemos o noso príncipe azul para que a nosa felicidade dependa do amor romántico e nos obrigue a estar no mundo privado, coidando do noso guerreiro”. Ademais, “dísenos que a casa é o noso territorio pero iso non é así, o mundo é o noso territorio”. Carmela Silva denunciou estas e outras situacións, como que “a prostitución se entenda como algo natural que existiu desde o principio dos tempos”, que “os corpos das mulleres se converta nunha mercadoría” ou “que sendo o 58% das persoas tituladas universitarias só sexamos o 20% dos consellos de administración das grandes empresas”.

“Vai consentir a sociedade que isto aconteza? Non se vai erguer contra as violencias machistas?”, reivindicou a Presidenta. “Temos que seguir dicíndolles ás nosas nenas que non vaian soas pola noite? Soportar os autodenominados piropos? Dicir que certos acosos son normais? Todas esas cousas, ata as pequenas, son en realidade grandes”, sinalou Carmela Silva. “Porque temos que seguir soportando as violencias machistas, os insultos, os malos tratos e os asasinatos?”, asegurou a Presidenta.

“Rompe. Xoga en Igualdade” permanecerá no Pazo provincial ata o 8 de marzo e percorrerá toda a provincia “para ser un berro permanente de denuncia, de posicionamento”. Carmela Silva cualificouna como “a acción máis potente” de todas as desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra e lembrou que está enmarcada nos actos que organiza a institución provincial ao abeiro do 8 de marzo, día no que, anunciou, “todas as deputadas faremos folga 24 horas e imos renunciar ao noso salario, porque a outras mulleres tamén llo van descontar e queremos ser como todas”. Mulleres como “Clara que cobra 375 euros a media xornada como operadora; María que deixou o seu traballo para poder coidar da súa filla de dous anos; ou Raquel que, tras traballar toda a vida na explotación gandeira familiar, de coidar a casa, criar catro fillas e atender ao seu pai e á súa nai, cobra 255 euros dunha pensión non contributiva porque nunca optou á titularidade da explotación”, como lembrou a deputada provincial Eva Vilaverde. Pola súa banda, as creadoras Isabel Blanco e Irene Silva sinalaron que “buscamos cambiar as regras do xogo” contando con bonecas “unha historia que se converteu en arte nun acto de compromiso e de sensibilidade”.

Temas: BarbieDeputación de PontevedraDía Internacional de la Mujerexposición
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Conciertos, proyecciones audiovisuales y espectáculos en la programación del 25N en Vigo
Igualdad

Conciertos, proyecciones audiovisuales y espectáculos en la programación del 25N en Vigo

Vigo ha desvelado su programación para el 25N. Habrá conciertos, espectáculos, proyecciones audiovisuales y jornadas formativas

PorMetropolitano
10/11/2025
Redondela inicia su programa del 25N con una Escola de Familias para "prevenir desde el hogar"
Igualdad

Redondela inicia su programa del 25N con una Escola de Familias para "prevenir desde el hogar"

La programación contra las violencias machistas se refuerza con actividades dirigidas a las familias con niños, niñas y adolescentes

PorUxía Pérez
10/11/2025
“Eu tamen son Frida, pero non Kahlo”:  15 lemas reivindicativos que nos dejó el 8M
Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia
Igualdad

La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia

La UVigo abordó la “digitalización del sistema prostitucional” y su impacto en la explotación de mujeres y niñas

PorUxía Pérez
25/11/2024
De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación
Enfoque

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

PorUxía Pérez
12/06/2026

A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

13junTodo el día14Feria de Abril de VigoFIESTAS | VIGO

13junTodo el día14Sons do Casco 2026 en BaionaMÚSICA EN DIRECTO | BAIONA | GRATIS

17jun20:00Gira Cadena Dial en VigoCONCIERTOS | SAMIL | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X