Este ano 2018 a Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da Alcaldía, renovará o servizo das ‘Visitas Escolares’ dándolle un novo enfoque e organizando a actividade de xeito regular para todo o curso 2017-18.
A finalidade desta actividade é potenciar as liñas de cooperación entre a biblioteca municipal e os centros escolares co “obxectivo fundamental de acercar a biblioteca ao alumnado e formalo na utilización dos diferentes servizos e recursos que esta ofrece”.
Os contidos das visitas serán unha ‘Presentación e benvida á Biblioteca’; Uso do carné de socio/a; Explicación dos diferentes Servizos e Actividades da Biblioteca; Procura de libros na sala infantil; Consulta e manexo da páxina web da biblioteca municipal e do catálogo en liña-opac (actividade práctica na que se facilitarán ordenadores para uso das alumnas e alumnas).
As visitas realizaranse os mércores de febreiro a xuño -debendo concertar a data exacta chamando á biblioteca municipal- en horario de 11:15 a 12:45 horas, para estudantes dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O número de prazas non poderá superar as 25 por grupo e cada centro ten a posibilidade de concertar dúas visitas, con inscrición previa, podéndose ampliar no caso de que queden días libres sen ocupar.
Os colexios interesados en concertar unha visita escolar, deberán chamar ao teléfono 986 33 76 24 e aportar os seguintes datos: nome do centro, persoa de contacto e teléfono, curso do alumnado que asistirá á visita, número de participantes e se ten necesidade de autobús gratuíto.
Neste último caso, poñerase a disposición dos centros un autobús de balde para o desprazamento das alumnas e alumnas do colexio á biblioteca municipal, ida e volta.
Asemade, a Biblioteca Municipal, tendo en conta a importancia que a lectura ten na idade infantil, pon en marcha o ‘Club de Lectura Infantil’ para nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria, como actividade de animación á lectura e como complemento á educación formal que se imparte na escola.
Trátase dunha actividade encamiñada a que os nenos atopen nos libros o instrumento de desfrute que os anime a ler cada día. Empréganse actividades, xogos ou manualidades relacionadas coa lectura programada para conseguir aumentar a súa comprensión lectora e, ao mesmo tempo, que se divirtan co seu libro. O club de lectura infantil reúnese cada venres alterno de 18:00 a 19:30 horas.
La artista argentina que triunfa entre los más pequeños llegará al Auditorio Mar de Vigo con su nuevo show, para el que quedan pocas entradas
El Concello de Nigrán instalará este sábado un gran tobogán acuático en A Ramallosa para desatar la diversión del público infantil y juvenil
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL