O pavillón de Bouzas acollerá esta fin de semana unha nova edición da Festa do Kárate Infantil, celebbrada dende os anos 80 pola agrupación deportiva Zanshin. Nesta trixésima primeira edición contará con 280 participantes de 5 a 20 anos en categorías que irán dende prebenxamín a sub-21.
A festa terá lugar o sábado, 28 de abril, ás 17:00 horas e reunirá durante dúas horas a karatecas dos colexios Compañía de María e San Salvador de Teis, a outros do programa municipal de escolas deportivas, ademais de valores dos clubs Shotokan e Okinawa.
O presidente e fundador da A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, explica que o cheo nas bancadas "está garantido", e o alcalde, Abel Caballero, que foi recibido na presentación oficial por catro rapaces do Shotokan (Natalia Martín, María Corredera, Elisa da Torre e Xián Bouzó) cun movemento denominado "man de sabre", puxo en valor "a importancia desta festa infantil" e o seu persoal "respecto polo gran traballo de Fernando Álvarez".
Caballero asegurou que o público vaise atopar "cun espectáculo marabilloso", aínda que pediu ademais aos afeccionados que observen "a filosofía que se aplica, porque é unha filosofía deportiva pero tamén é unha forma de entender a vida dende o acougo, a proximidade e o exercicio físico, e dende as mellores virtudes das persoas".
A Festa Infantil do Kárate cumpre tres décadas e é a referencia desta modalidade xunto co Trofeo Cidade de Vigo, que tamén organiza o Zanshin en novembro.
O Zanshin completará as dúas horas de festa cunha exhibición de tai chi e tamén con demostracións de kárate de profesores e alumnos que participan en competicións federadas.
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo
El próximo sábado 15 de febrero, el Casco Vello de Vigo acogerá la VIII Merdeirada Cativa, una cita pensada para los más pequeños
Vialia Vigo acoge este viernes y este sábado en diferentes horarios el taller de cocina para peques “Crea tu pizza”
La investigación fue publicada en la revista 'Diversity' y está elaborada por paleontólogos de la UVigo y la Fundación Dinópolis
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL