Este luns, 6 de xuño, abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é + . Tui 2022” dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Celebrarase en tres quendas, do 27 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 15 de xullo, e do 18 ao 30 de xullo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Ofértase Aula matinal dende ás 7:45 horas e Aula mediodía ata ás 15:15 horas. O prezo da primeira quenda será de 15,28 euros, e a segunda e terceira quenda terán un prezo de 30,56 euros por quenda.
As persoas interesadas deberán presentar o impreso de solicitude e a documentación requirida até o luns 13 ben no rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica municipal. Pódense consultar as condicións e as condicións requiridas e descargar o impreso de solicitude na web municipal.
No caso de que o número de solicitudes presentada supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios de baremación, establecidos nas condicións dos campamentos, e no caso de empate aplicarase a orde de presentación da documentación.
No campamento “Igual é + Tui 2022” os nenos e nenas realizarán actividades nas que se traballará a igualdade, xogos deportivos, obradoiros de cociña, paseo en barco polo Miño, excursións a Valença no tren turístico, e coa Fada do Aloia, tamén haberá rutas polos Muíños do Tripes e polo Camiño de Santiago. Tamén realizarán actividades na piscina municipal e ioga infantil.
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL