Hoxe, luns 2 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data, escollida por ser o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de clásicos como O patiño feo ou A Sereíña, permítenos lembrar a importancia da lectura nos máis cativos, cos que formar o seu pensamento crítico, os seus valores e dar pulo a súa imaxinación.
A continuación, dende Metropolitano.gal enumeramos dez libros escritos en lingua galega para os máis cativos.
Cara de velocidade, de Marga Tojo
Ed. Kalandraka
O día a día, convertido en poesía, aventura e xogo. O cotiá, a través dun xirgo urbano e musical. X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. O libro gañou recentemente o X Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para nenos pola “orixinalidade e potencia das súas imaxes poéticas, a presenza dun universo urbano embelecido pola fantasía e pola altura lírica das súas composicións”
A horta de Simón, de Rocío Alejandro
Ed. Kalandraka
O coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas… e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa… O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza.
Comprar por [amazon_link asins='8484643484' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='9077cf35-36a3-11e8-8780-4f0440b89e82']
Elmer, de David McKee
Ed. Kalandraka
A historia do entrañable elefante multicolor é un clásico inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación. No ano do seu 30º aniversario, o 26 de maio celebraraseo o Día Mundial de Elmer. O libro vendeu xa máis de 8 millóns de exemplars a nivel internacional cos seus valores positivos.
Comprar por [amazon_textlink asin='8448823281' text='Elmer, de David McKee ' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='abab9cd1-36a3-11e8-9a76-497bb4b09588']
As receitas de Rosaura, Isabel Blanco
Asociación Kiara
O libro, escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso, comeza presentándonos a Rosaura, afeccionada á cociña, e facendo unha listaxe co material necesario para a elaboración dos pratos. A continuación recolle media ducia de receitas escritas en verso e pensadas para que os nenos poidan achegarse ao mundo da gastronomía. Falamos, xa que logo, de receitas sinxelas e aptas para a súa preparación por parte dos máis pequenos da casa, e que amais axudará a achegalos a unha comida máis saudable.
A pel do mundo, Berta Davila
Ed. Galaxia
Este libro da novelista e poeta compostelana Berta Dávila é unha viaxe. Desabrochen o cinto que imos comezar: para ler poesía hai que ser o máis libre posible. Prepárense para coñecer persoas, sabores, nomes, linguas, costumes, palabras e formas de vida diferentes á súa. Non permanezan nos seus asentos, para cambiar o mundo, cómpre non estarmos quietos.
Comprar por [amazon_link asins='8491511466' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='d72a689e-36a3-11e8-b4eb-3f86f94c2c78']
A Galiña Azul, Carlos Casares
Ed. Galaxia
Velaquí un pequeno clásico da literatura infantil galega recuperado na súa edición orixinal, coas ilustracións dos fillos de Xohán Ledo. Este libro foi escrito para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando tiña dous anos. Para que non esquecese a súa terra, e para que soubese das cousas que acontecían na súa ausencia.
Comprar por [amazon_link asins='8498650100' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='e1b6e958-36a3-11e8-a56e-a5d73f99553e']
Hermes, aprendiz de mago, Manrique Fernández
Ed. Galaxia
Escrito polo xornalista e escritor chairego e afincado en Ponteareas, Manrique Fernández, “Hermes, aprendiz de mago” cóntanos a historia de Hermes Gramalleira, un rapaz que prepara o seu exame final para conseguir o título de Mago de Primeira. Hermes recibirá a visita dun cliente que necesita axuda con urxencia para desfacer un feitizo, e o mago deberá recurrir a unha serie de obxectos máxicos que o acompañan, para tratar de contrarrestar o maleficio de que foi vítima o cliente.
Comprar por [amazon_link asins='8491510990' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='ef5d7a7f-36a3-11e8-9437-b9eb0f965386']
Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas
Ed. Xerais
Escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, “Escarlatina, a cociñeira defunta”conta co Premio Merlín de Literatura Infantil ou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, entre outros.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Comprar por [amazon_link asins='8499147399' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='fd20e28b-36a3-11e8-9f00-4798fcb419ad']
O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, Iago López
Ed. Xerais
Escrito por Iago López e ilustrado por Macus Romero, o libro introdúcenos na celebración da festa de aniversario do rei. O cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta… as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo.
Comprar por [amazon_link asins='8491213015' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='0d6acef8-36a4-11e8-b6a4-89630be9c0ca']
Os Megatoxos e a batalla de Rande, Anxo Fariña
Ed. Xerais
O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Comprar por [amazon_link asins='8491212981' template='PriceLink' store='metropolitano-21' marketplace='ES' link_id='18487bd2-36a4-11e8-a157-6de3681de3de']
Pode interesarche: Catro formas de regalar igualdade o día de Reis (ou cando ti queiras)
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL