O Multiusos das Pozas, en Mos, acollerá este domingo (18:00 horas) o espectáculo para bebes "Redondo", da compañía Caramuxo Teatro. Pensado para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, "Redondo" é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.
O argumento do show xira en torno á figura de Mr. Round, a quen fascinan todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con formas de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atoparán unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.
Trátase, en definitiva, dunha proposta moi visual, case sen palabras para gozar en familia. O espectáculo ten unha duración aproximada de 30 minutos, durante os que maioritariamente traballaranse as formas, as cores e os elementos naturais (mazá, verme, bolboreta…), dentro e fóra e as partes do corpo. De maneira máis abstracta, os nenos e nenas coñecerán aspectos novos de expresión cultural, música, e o comportamento necesario para observar un espectáculo artístico.
Os que non se poidan achegar até Mos, poden tamén ver o espectáculo o día 10 de novembro en Tui e o 26 do mesmo mes en Vigo.
Ademais deste espectáculo, o Auditorio das Pozas acollerá o mesmo domingo outro evento pensado para os máis pequenos. Trátase da visita dos Bolechas, que traerán a Mos as historias máis peculiares do Camiño de Santiago.
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL