Este sábado, 30 de marzo, o Auditorio do Centro Socio-Cultural Daniel Castelao de Quintela acollerá a primeira edición do Peixe Fest, un festival de talentos impulsado por un grupo de seis nenas de entre 9 e 10 anos.
A cita, que arrancará ás 18:30 horas, contará con doce actuacións que sumarán entre 70 e 80 persoas sobre o escenario. “Teremos actuacións de moitas clases, dende a danza ao teatro pasando pola música”, explica unha das organizadoras que adoptaron o alcume das Seis Mosqueteiras.
Entre as actuacións, a máis multitudinaria a representará a Coral Moañesa con até 50 membros de 8 a 80 anos. Tamén haberá outras propostas como un baile de hip hop que levará a cabo “The Magical Warriors” ou un mini concerto de violín.
En total, o festival contará con doce actuacións que non poderán sobrepasar os tres minutos de duración. Este novo evento de talentos estivo aberto a tódalas idades e dispón de varias categorías: Xoubiña, para a rapazada que curse dende 4º de educación infantil ata 1º de primaria incluída; Xouba, para as nenas e nenos que cursen dende 2º ata 5º de primaria; Sardiña, rapazada que curse dende 6º de primaria ata 4º de ESO; Pan de millo, destinado dende Bacharelato ata persoas xa adultas; e Empanada milla, una modalidade na que un grupo composto a lo menor por 2 persoas, das que a lo menos unha sexa das categorías de “peixes” e outra da categoría “pan de millo”.
A organización corre a cargo dun grupo de nenas ben proactivo: Sabela, Carmen, Carla, Emma, Vania e Sara, que comezaron a discorrer o festival xa en agosto do 2018. Tras o visto e prace do Concello de Moaña, as últimas semanas as organizadoras recoñecen que as viviron “un pouco nerviosas” e adiantan unha “gran sorpresa final”.
A iniciativa conta co “apadriñamento” da Alcaldía. A rexedora, Leticia Santos, amósase “segura que vai ser todo un éxito” e manifestou a súa vontade de celebrar unha segunda edición porque “traballar con estas mozas da gusto”. Á pregunta de se estarán dispostas a organizar unha nova edición, as Seis Mosqueteiras responden de forma unánime: “siiiiiii”.
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL