Os Bolechas culminan a súa xira en Vigo. Non para presentar ningún libro sobre a urbe galega, senón para amosar os diferentes xeitos de falar o galego. No marco da programación do Ano da Lingua, o departamento provincial de Cultura e Lingua levou por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país. A mostra, denominada "Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego" chegou á Praza do Rei o pasado 5 de decembro e estará dispoñible para que a visiten as nenas e nenos ata o vindeiro domingo 16 de decembro.
O horario deste espazo didáctico e interactivo que ten como protagonista á familia dos Bolechas é de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 mentres que os sábados, domingos e festivos o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
"Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego" propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial e atende ás necesidades de todas as persoas, incluso ás daquelas que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade.
Os centros escolares poderán concertar visitas guiadas con grupos de primaria. As interesadas e interesados poden facelo a través do teléfono 981 569 155 ou do correo electrónico osbolechas@osbolechas.com.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL