O programa rechouchíos de dinamización lingüística soa cada vez con máis forza no Concello de Moaña. As actividades, que contan con eventos promovidos pola Deputación de Pontevedra, a través de Pontegal, a Xunta de Galicia, e o propio Concello, irán dende os contacontos ao teatro, pasando por un espectáculo de maxia.
En concreto, o programa entre febreiro e marzo estará composto por tres contacontos (“Os contos de Contiario”, “O pozo das señoras” e “Elas tres: a nena, a raíña e a bruxa”), un espectáculo de maxia (“Cinematomago”) e unha representación teatral da man de Baobab Teatro (Puño puñete). Todas as actividades están destinada a público infantil e familiar.
Pode interesarche: Así foi o Enterro da Xoubiña en Moaña (vídeo resumo)
Os espectáculos celebraranse semanalmente en diferentes puntos do municipio, pasando polas diferentes parroquias. Así, visitarán o Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio, o Multiusos de Meira, o Centro Sociocultural de Castroviejo en Tirán, o IES As Barxas e o Centro Sociocultural Daniel Castelao en Quintela.
O primeiro dos eventos será este mesmo venres, 23 de marzo, da man de Os Contos de Pablísimo con “Contiario”. Neste espectáculo achéganse os contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo e é que collen todo tipo de contos. Contos que comezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego ou adiviñas…
O contacontos está orientado para nenas e nenos a partir dos tres anos e arrancará ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio. A actividade é de balde, como todas as do programa Rechouchíos.
La artista argentina que triunfa entre los más pequeños llegará al Auditorio Mar de Vigo con su nuevo show, para el que quedan pocas entradas
El Concello de Nigrán instalará este sábado un gran tobogán acuático en A Ramallosa para desatar la diversión del público infantil y juvenil
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL