Papá Noel fará a súa parada en Redondela o vindeiro venres, 22 e sábado, 23 de decembro. A maxia e ilusión do Nadal, especialmente nos cativos, verase reflexada durante a visita do tradicional personaxe de Laponia, que se paseará pola vila dos viadutos subido nun Ford Meteor convertible.
O vehículo, evidentemente de cor vermella, serviralle para achegarse até os distintos puntos onde os comerciantes instalaron varios tronos que permiten á rapazada pedir os seus desexos e agasallos.
Pode interesarche: Así foi a gran "Papanoelada" moteira de Vigo (vídeo)
A estadía de Papa Noel en Redondela será en horario de 17:00 a 20:30 horas e visitará todos os recunchos da vila. Os comerciantes de Vilavella recibirano na rúa Salgueiral namentres que os comerciantes de Reveriano Soutullo e rúas anexas o farán na praza deste mesmo nome e na Praza de Alejandro Otero. Por último, Papá Noel visitará tamén a Rúa General Rubín. A actividade está coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela coa colaboración de Abanca.
Pola súa parte, o Concello conta cunha ampla programación de Nadal neste mes de decembro onde destaca o Belén elaborado por voluntarios e voluntarias no Multiusos da Xunqueira, que será inaugurado o 22 de decembro ás 12:00 horas, ou o Belén Vivinte que se representará nos soportais da Casa do Concello o 25 de decembro ás 12:30 horas.
Este mesmo venres, 22 de decembro, a música e a solidariedade chegará con diversas citas. Ás 19:00 horas chegará o certame de "Danzas con ilusión" que, organizado pola Escola de Danza Deborah, busca recadar fondos para a ONG Damán, organización galega que desenvolve a súa actividade coa poboación inmigrante. A entrada ten un custe de 4€ e pode adquirirse no Multiusos ou no mesmo día da cita.
Na mesma data, pero ás 21:30 horas, celebrarase outro concerto solidario, desta vez en favor da Asociación Andaina. A entrada, cun custe de 4€ pode mercarse no Multiusos de Chapela e na Escola de Música de Chapela.
Xa o 23 de decembro será a quenda do Festival de Panxoliñas, tamén no Multiusos da Xunqueira e con entrada de balde. Arrancará ás 18:00 horas.
Ainda nas citas solidarias, é importante destacar a II Carreira Popular de Nadal, con 4 quilómetros de percorrido que arráncará o 24 de decembro ás 17:00 horas e o concerto anual da Asociación Lenda, que se celebrará na Xunqueira ás 20:30 horas do 29 de decembro.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
O estudo levouse a cabo nunha vintena de regatos da provincia de Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL