O Concello de Redondela, a través da concellería de Medio Ambiente, vén de organizar unha visita guiada en Cesantes para poñer en valor, coñecer e analizar o patrimonio natural da Enseada.
Despois da polémica xurdida pola postura municipal de reducir a retirada de algas, o Concello busca agora divulgar a importancia destes organismos mariños. A decisión deste verán de preservar as algas para fomentar a biodiversidade e evitar a desaparición da area foi criticada por parte dos bañistas. Agora, Medio Ambiente organiza tres visitas guiadas para divulgar a riqueza natural e a necesidade de conservación da Enseada de San Simón, que se atopa dentro da Rede Natura 2000.
Estes paseos arrancarán no Porto de Cesantes os días 29 de agosto e 5 e 19 de setembro de 10:30 a 13:00 horas e estarán guiados por Faia Educación Ambiental.
Estes paseos polo litoral de Cesantes sobre as algas na “Intermareal”, falarán de algas, pero tamén de xeoloxía, aves, especies mariñas, plantas, arribada de residuos e elementos leñosos, etc.
Debido ao protocolo ante o COVID-19, e para garantir o aforo limitado e a seguridade, será necesario inscribirse previamente a través do correo [email protected], no número de teléfono do Concello ou na Oficina de Turismo de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas.
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL