• Mercadona Vigo
  • Acoso Mercadona Vigo
  • Reno-taxis Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Obramat en Galicia
  • Navidad A Laxe
  • Vigo Jurásico
  • Ganador Petisquiño
  • Navidad Vialia Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Planes Escapadas

A senda cinematográfica que afonda na historia da emigración en Salceda

A senda cinematográfica que afonda na historia da emigración en Salceda
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaCarlos I. CastrillónPorÁngel VilayCarlos I. Castrillón
17/11/2018

Entre 1836 e 1950 máis de dous millóns de galegos e galegas marcharon para emprender a viaxe que os levaría a "facer as Américas".  Hoxe, Galicia ten 2,7 millóns de habitantes. As cifras son abraiantes. Daquela, a nosa terra foi o territorio con maior taxa de emigración relativa en todo o continente europeo. Salceda de Caselas réndelles homenaxe agora cunha senda que leva o nome dun dos seus emigrados: Francisco Estévez Martínez. Un nome que oculta unha apaixonante historia.

Posiblemente non te soará. Pero que pasa se falamos de Martin Sheen? O actor que protagonizou Apocalypse Now de Coppola e ocupou o Despacho Oval na serie The West Wing tiña sangue galega nas súas veas. O fillo dun emigrante galego, de Parderrubias, en Salceda, que saíu na procura dun futuro nas Américas.

Másnoticias

Vixía Herbeira, los acantilados más altos de Europa continental están en tierras gallegas

Nigrán propone una idílica escapada a los acantilados más altos de la Europa continental

10/11/2025
Los furanchos retoman la actividad y continúan con su reapertura progresiva

Fin de semana de furanchos en el área de Vigo con esta gran fiesta en Salceda

06/11/2025

Con esta premisa tomamos a nova senda que leva o seu nome para afondar nunha triple historia: a do propio pai de Martin Sheen, e avó do televisivo Charlie Sheen, a da emigración galega en xeral, e a da historia e etnografía local. Esta senda de 789 metros permite desfrutar da natureza á vez que nos mergullamos na historia local. Unha senda diversa que conta até cun campo de fútbol caseiro feito polos propios veciños nunha leira próxima ao percorrido.

Ao longo de itinerario atoparémonos con cinco muíños, como o do Seixo, o do Ghurito e o do Medio. O primeiro deles é anterior a 1752, cando xa aparece rexistrado no Catastro da Ensenada, correspondente ao señorío de Don Juan Antonio Arauxo. Pola súa parte, o do Medio ten como característica diferencial o seu carácter “de herdeiros”. Aparece sempre asociado ao longo da súa historia á familia dos “Tacura” e coa figura senlleira do mestre canteiro Manuel Núñez Rodríguez.

Este sendeiro permítenos tamén sentir o drama da emigración e da propia historia galega á que se lle dedican diferentes murais ao longo do percorrido. O noso camiño irá seguindo o regato do Landres á sombra de carballos, amieiros, freixas, salgueiros, loureiros e robinias. Nas propias marxes do río medran herbas como ranúnculos, menta, lentella de auga e os xuncos.

No final, ademais dunha área de descanso atoparémonos cun característico muíño. Alí, extensas laxes graníticas permitirannos sentarnos a descansar e desfrutar do fluír da auga. A senda do río Landres conecta ademais co Sendeiro das Greas a través da Senda do Río Caselas que percorre o muíño da Salgada, a ponte da Pereira e a ponte do Picado.

Unha senda cinematográfica marcada pola arte urbana

A influencia de Martin Sheen é evidente ao longo do roteiro do río Landres. Porén, marca a diferenza con respecto a outras sendas a presenza de graffiti no comezo da mesma para lembrarnos a figura deste fillo dun emigrado galego.

Así, sorprende aos visitantes os bosquexos nunha parede próxima sen escaso valor arquitectónico. Case parece que co gallo de encaixar un edificio alleo ao espazo histórico-natural rodeado de muíños e natureza, esa antiestética construción cóbrese con imaxes de Apocalypse Now ou Badlands para lembrarnos que o fillo dun obreiro pode chegar tamén a ser un dos homes máis importantes da industria cinematográfica mundial.

Temas: EscapadasPlanes: rutas de senderismorutasSalcedaSalceda de Caselas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una de las grandes ciudades del norte de Portugal pone fecha y desvela detalles de su Navidad
Planes

Una de las grandes ciudades del norte de Portugal pone fecha y desvela detalles de su Navidad

Guimarães ha dado a conocer cuándo encenderá su Navidad y ha desvelado algunos de los detalles de su decoración y del programa

PorIván Dacal
15/11/2025
La Navidad perfecta incluso en los días de lluvia llega a solo cuarenta minutos de Vigo
Escapadas

La Navidad perfecta incluso en los días de lluvia llega a solo cuarenta minutos de Vigo

Una carpa-iglú acogerá el sorprendente universo de la Navidad en este concello. Una alternativa 'anti lluvia' cerca de Vigo para visitar

PorSara Rodríguez
14/11/2025
Águeda desvela cuándo enciende el "Papá Noel más grande del mundo" y su programa navideño
Escapadas

Águeda desvela cuándo enciende el "Papá Noel más grande del mundo" y su programa navideño

Una de las navidades más destacadas de Portugal, la de Águeda, desvela su programa. Esta es la hora en la que se encenderá su iluminación

PorIván Dacal
12/11/2025
El bosque más mágico de la Navidad del norte de Portugal, la Floresta Encantada, desvela sus fechas
Planes

El bosque más mágico de la Navidad del norte de Portugal, la Floresta Encantada, desvela sus fechas

Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada

PorIván Dacal
10/11/2025
Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes
Enfoque

Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes

PorCarlos I. Castrillón
17/11/2025

Desde este martes pode verse no Museo a colección realizada con Bimba y Lola e Palomo Spain

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X