O ciclo “Solpores do Museo” resiste aos elementos. O programa de concertos continúa este xoves 8 de agosto, ás 20:30 horas, nun novo emprazamento habilitado no Museo do Mar por mor da previsión de chuvia para esta xornada. Deste xeito o concerto, a cargo de Moon Cresta e Aurora & The Betrayers, celebrarase nunha das salas do segundo edificio do espazo cultural.
“Solpores do Museo” arrancou o pasado mércores 24 de xullo co espectáculo ofrecido por Baiuca e Presumido, seguiu o xoves 1 de agosto co concerto de Villanueva e Amaro Ferreiro, a quen acompañou por sorpresa Nicolás Pastoriza. Ambas citas contaron cunha gran acollida por parte do público, que reaccionou moi positivamente ante unha proposta de ocio que conxuga a músicos emerxentes e consagrados nun escenario arquitectónico singular e coa posta de sol como valor engadido.
Os concertos son gratuítos e contan cun aforo limitado a 300 persoas, pero as entradas que estiveron dispoñibles na web oficial do ciclo de concertos, esgotáronse en tan só dous días tras o anuncio do ciclo por parte do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. En total habilitáronse 1.800 entradas gratuítas en só 48 horas.
O programa inclúe un concerto semanal ata finais de agosto e conta con artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai. Tras a cita deste xoves 8 de agosto con Moon Cresta e Aurora & The Betrayers será a quenda de Soleá Morente e Xose Manuel Budiño. Xa o xoves 22 de agosto terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo “Solpores do Museo” a cargo de Zenet e Bliusvai.
Entenza, en Salceda de Caselas, acogerá en noviembre la XVII edición de la Festa dos Cogumelos. Habrá degustación, música y un homenaje
Vigo se suma a la semana del cine en España. Estas son las salas de cine que participan y algunas propuestas para disfrutarla
El Concello de Nigrán pone los Cines Municipales de A Ramallosa a pleno rendimiento con películas gratis los jueves y sábados
El Concello do Rosal comienza los Obradoiros de Outono con una ruta por los molinos de As Aceñas. Este es el precio y horario de la actividad
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL