• Vigo Vertical rampas
  • Nueva bebida Vigo
  • Pop up vintage Vigo
  • Makrofesta Tomiño
  • Incendios Galicia
  • Cheesecake Vigo top
  • Reality Galicia
  • Fiesta San Juan
  • Mirador Caminha
  • Tiempo Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A ciencia volverá saír ás rúas de Vigo e as outras cidades galegas nunha nova edición da G-Night

A ciencia volverá saír ás rúas de Vigo e as outras cidades galegas nunha nova edición da G-Night
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/09/2022

Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano en Galicia nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico. Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos, a G-Night 2022 despregará na segunda segunda edición, o vindeiro venres, 30 de setembro, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Por segundo ano consecutivo, as rúas, museos, bares e praias das grandes urbes galegas converteranse en punto de encontro do traballo que desenvolven as e os científicos coa sociedade, que terá a oportunidade de, un xeito lúdico, accesible e gratuíto, de participar en obradoiros, paseos, visitas guiadas, charlas e espectáculos. 400 persoas, entre persoal científico e técnico, participan este ano na organización da G-Night 2022, que se desenvolverá simultaneamente o vindeiro venres en preto de 400 cidades europeas, que se suman a esta iniciativa da UE, financiada por Marie Sklodowska Curie Actions e que no caso de Galicia se desenvolve cos recursos propios das 10 entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia, Muncyt, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología e os Museos científicos coruñeses.

Másnoticias

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

12/06/2026
Videojuegos como medicina, realidad virtual para ayudar a niños a luchar contra el cáncer en Vigo

Videojuegos como medicina, realidad virtual para ayudar a niños a luchar contra el cáncer en Vigo

11/06/2026

Na presentación este mediodía das actividades da segunda edición da G-Night, a vicerreitora da Investigación, transferencia e innovación da UVigo, Belén Rubio, agradeceu o traballo desenvolvido por todas as persoas implicadas na organización da xornada, ao tempo que destacou o valor que este tipo de actividades xa teñen en Europa no portfolio do persoal investigador e que na mesma medida deberan de ser tidas en conta a nivel nacional. “Vai a haber un cambio no que se van a empezar a valorar este tipo e actividades de divulgación da ciencia para que a cidadanía saiba o que estamos a facer”, dixo Rubio. Pola súa banda, a vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais, Mónica Valderrama, incidiu na importancia de que as actividade da G-Night permiten “achegar á cidadanía en xeral e aos cativos en particular conceptos que son máis abstractos, cunha aplicación máis directa e máis doada de comprender”, destacou a vicerreitora, que lembrou a aposta da Unidade Cultura Científica da UVigo polas actividades cunha compoñente “experiencial”, para que as persoas se involucren a través da experiencia.

Expo-feira, paseo científico, relatorios e ciencia no bar en Vigo

A praza do Berbés será o epicentro das actividades da G-Night en Vigo, onde o edificio Redeiras, o café Vitruvia e o Porto, completan as localizacións das actividades da Noite galega das persoas investigadoras. Entre as 18.00 e as 21.00 horas a praza do Berbés acollerá a expo-feira científica, organizada pola UVigo e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), na que se situarán a ducia de postos, nos que integrantes de grupos da investigación de ambas institucións, achegarán os seus coñecementos ao público asistente. Descobre connosco a vida do solo; Xeotecnoloxías aplicadas; Achégate ás telecomunicacións; Que son as nanocousas?; Ecobas Quiz; O minerais como testemuñas da historia; Constrúe unha dobre hélice de ADN; Nanopartículas plasmónicas: un arco da vella metálico; Microplásticos no medio mariño e Un arco da vella baixo o mar, son as actividades que se desenvolverán na feira, tan que tamén participará o alumnado da UVigo responsable dos proxectos UVigo SpaceLab e UVigo Motorsport.

O edificio Redeiras, pola súa banda, acollerá, desde as 18.00 horas, cinco charlas e un coloquio nos que as aplicacións das matemáticas, a prevención das inundacións ou as linguas ea tecnoloxía, serán algúns dos temas que se abordarán. Entre as 18.00 e as 19.00 horas o público asistente poderá seguir en directo as charlas do CITMaga, que se celebran en Santiago de Compostela e nas que os investigadoras e investigadores da USC María José Ginzo, María Isabel Borrajo e Tomas Otero ofrecerán cadansúa charlas tituladas As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais, A estatísticas e o azar nas probas da Covid-19 e Cantos buracos ten unha camiseta? A partir das 19.00 desenvolveranse dúas charlas en directo no edificio Redeiras, Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais a cargo de Juan Vidal, do departamento de Estatística e investigación operativa da UVigo e Atúns fantásticos e onde atopalos de Sara Recondo, investigadora predoutoral da UDC. Ás 19.45 comezará unha charla.-coloquio na que os investigadores Inmaculada Anaya do Grupo en gramática, discurso e sociedades e Miguel Cuevas de LVTC, ambos da UVigo, amosarán as achegas do coñecemento lingüístico nos ámbitos da tecnoloxía e a empresa.

Pola súa banda, entre as 20.30 e as 22.00 horas no café Vitruvia desenvolveranse tres charlas, dirixidas especialmente a público adulto e nas que os investigadores e investigadoras da UVigo Adreu Blanco (CIM), Elena Alonso (Cintecx) e Victor Hernando (CIM), abordarán, respectivamente: a protección dos mares, o papel dos recursos minerais na descarbonización e dixitalización da economía e os microorganismos degradadores de plásticos. As actividades da G-Night en Vigo complétanse cos tres paseos científicos que o persoal do grupo de investigación Geoma realizará a bordo da embarcación de prospección Inndaga e nos que unha ducia de persoas poderá coñecer as técnicas de prospección e investigación oceanográfica. Os paseos dunha hora de duración, comezarán ás 16.00 horas, con saída desde o porto de Vigo e as prazas xa están completas.

Charlas e Ser escriba na Antigüidade en Ourense

As actividades da G-Night en Ourense comezarán no salón de graos do Edificio de Ferro do campus ás 18.00 horas con tres obradoiros sobre tres escrituras da Antigüidade, organizados por persoal investigador do Grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e Territorio (GEAAT) da UVigo. Os obradoiros, nos que cómpre inscribirse previamente, inclúen unha charla teórica sobre os sistemas de escritura xeroglífico, micénico e latín e unha actividade previa.

A partir das 20.30 horas as actividades da Noite galega das persoas investigadoras en Ourense desprazarase ao Café & Pop Torgal, que será o escenario de tres charlas que impartirán investigadoras e investigadores Grupo de estudos en traballo social: Investigación e transferencia. Breogán Riobóo ofrecerá un relatorio titulado Discapacidade e dependencia, unha sociedade inclusiva?, mentres que os relatorios de Carmen Verde e Paula Frieiro titúlanse: Cando interveñen as traballadoras sociais nas familias? e Traballo social dixital, respectivamente.

Tres charlas en Pontevedra

No caso da cidade de Pontevedra, as e os investigadores da UVigo achegarán os seus coñecementos ao público a través de tres charlas que se desenvolverán en La Gramola a partir das 19.30 horas. A combustión: moito máis que lume e gases é o titulo do relatorio que ofrecerá Juan Jesús Rico, do Grupo de tecnoloxía enerxética; mentres que José Carlos Ardao do centro de investigación atlanTTic ofrecerá unha charla titulada A intelixencia artificial que nos rodea. Pola súa banda, Olalla González, do Grupo de procesos de separación avanzada falará de Tecidos intelixentes: innovando na industria téxtil.

Researchers at schools

Cómpre destacar que entre os meses de xuño e setembro organizáronse 36 charlas de divulgación científica en 18 centros educativos de Vigo, Cambados, Ourense, Lugo, Tomiño, Nigrán, Redondela e Moaña. Trátase da iniciativa Researchers at schools coa que se pretende achegar o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo ás escolas e institutos e dar a coñecer ademais as actividades da G-Night.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

San Juan en Vigo 2022 | Estas son las fiestas y hogueras para el regreso de una noche mágica
Fiestas

Furanchos, sesión DJ y sardinas al espeto para vivir la noche más especial del año en el área de Vigo

...

PorSara Rodríguez
14/06/2026
Tomiño aclara que el baño es seguro en la playa fluvial de Goián después de sospechas de contaminación
Qué hacer

Conciertos, cine al aire libre, eclipse o actividades infantiles, el verano que ofrece Tomiño

...

PorIván Dacal
14/06/2026
Carlos Núñez, Festa do Viño, "guateque" y cine en el verano top de Salvaterra
Música

El músico gallego "más internacional" llega a un enclave único de Baiona para un concierto "máxico"

...

PorIván Dacal
14/06/2026
Cinco artistas pondrán la música en el festival gratuito Budiño Fest en O Porriño
Fiestas

Llega la "Makrofesta" de Tomiño, con varias horas de música para una noche "inolvidable"

...

PorIván Dacal
14/06/2026
De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación
Enfoque

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

PorUxía Pérez
12/06/2026

A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

13junTodo el día14Feria de Abril de VigoFIESTAS | VIGO

13junTodo el día14Sons do Casco 2026 en BaionaMÚSICA EN DIRECTO | BAIONA | GRATIS

17jun20:00Gira Cadena Dial en VigoCONCIERTOS | SAMIL | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X