A Clásica de Vigo iniciará a tempada de verán cun concerto de balde na Concatedral olívica

ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

Publicidad

A Clásica pecha a temporada Escoitas e inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se conmemora o 21 de xuño. O tradicional concerto da orquestra para festexar este día tan especial co público será o domingo 25 de xuño, ás 13:30 horas, na Concatedral de Vigo.

Seguindo co lema da temporada que remata, a Clásica propón neste programa contrapoñer dúas escoitas: o clasicismo de Mozart en Salzburgo e o nacionalismo de Grieg. Ademais, a orquestra tamén prepara unha sorpresa para completar o evento, no que o importante é compartir e achegar o amor pola música a todos os públicos, así como sacar a música clásica dos espazos máis convencionais, unha aposta clara na liña estratéxica da Clásica.

A entrada é de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket. Ademais, en caso de quedar espazo dispoñible ese día, tamén se poderá acceder por orde de chegada ata completar a capacidade.

"A conmemoración do Día Europeo da Música convértese nunha xornada festiva aberta á cidade na que non importan as etiquetas", sinalan dende a agrupación.

Salir de la versión móvil