• Entroido de Verán Redondela
  • Alerta calor Galicia
  • Obras en Vigo
  • Noite Branca
  • Soletes Galicia
  • Venta entradas Castrelos
  • San Xoán Casco Vello
  • Fiesta medieval
  • Piscinas As Neves
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A Deputación organiza unha visita guiada e actos con música e poesía para celebrar a Rosalía de Castro

A Deputación organiza unha visita guiada e actos con música e poesía para celebrar a Rosalía de Castro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/02/2023

Un ano máis a Deputación de Pontevedra conmemorará o Día de Rosalía con senllos actos en Pontevedra e Vigo os días 23 (no Pazo provincial ás 17:30 horas) e 24 de febreiro (na sede de Vigo ás 19:00 horas). A presidenta, Carmela Silva, acompañada das deputadas de Cultura e Lingua, Victoria Alonso e María Ortega, presentou os actos organizados pola institución provincial, que este ano volve contar coa colaboración da Casa de Rosalía e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Silva lembrou que “Rosalía de Castro é o buque insignia da nosa cultura, da nosa lingua e das nosas letras” e salientou que “é a referente do noso pobo”; de feito, a presidenta puxo en valor que “somos dos poucos pobos do mundo que teñen unha muller referente”.

Másnoticias

La Isla de Tambo podrá visitarse como "bosque terapéutico": las inscripciones abren el lunes

Vuelven las visitas gratuitas a Illa de Tambo y otras joyas naturales de Galicia, descubre cómo apuntarte

20/06/2026
La Diputación destina 850.000 euros a proyectos de varios concellos como Nigrán o Baiona

La Diputación destina 850.000 euros a proyectos de varios concellos como Nigrán o Baiona

19/06/2026

Dentro dos actos institucionais previstos, plantarase nos xardíns anexos ao Pazo unha figueira filla da árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía que vive na Casa da Matanza en Padrón, “unha débeda que a Deputación tiña coa Fundación despois de que nos irmandáramos e de que levaramos camelias nosas para o seu xardín”.

Os actos continuarán no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra cunha celebración na que estará Manuel Lourenzo Baleirón en nome da Fundación e tamén Carme Adán, que lerá o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Repartiranse, como cada ano, exemplares de camelia e dos libros da Colección Cíes (dos obradoiros de poética de San Simón) ‘A conversa expansiva’ e ‘Dicir unha illa’. Será un espectáculo multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño, no que interactuarán ilustración, poesía e música. As e os protagonistas serán o artista Marcos Escudero, as poetas Alba Cid e María Lado e as intérpretes Margarida Mariño e Alba Barreiro. Consistirá nun recitado poético con música en directo e ilustracións feitas en area, coa técnica coñecida como “sand painting” ou “sand drawing”.

En Vigo o acto repetirase o día 24 coa lectura do manifesto da AELG por parte de Xavier Queipo. Nos actos  entregaranse flores da camelia “Rosalía de Castro” e exemplares de dous libros da Colección Cíes: “A conversa expansiva” e “Dicir unha illa”.

Concurso escolar e outras actividades

O departamento de Cultura organiza unha nova edición do concurso escolar ‘A Nosa Rosalía’, que este ano adopta o formato de colaxe. “Está aberto a centros de Primaria e Educación Especial da provincia, que teñen que realizar colaxes feministas con materiais reciclables sobre a vida e/ou obra de Rosalía”, informou a deputada Victoria Alonso. O concurso organízase en tres categorías: Campaniñas (de 1º a 3º de Primaria), Airiños (de 4º a 6º de Primaria) e, como novidade deste ano, a categoría Paxariños dirixida a Educación Especial. Os grupos gañadores “poderán gozar dun contacontos sobre Rosalía no seu centro para traballar e coñecer a súa figura dunha forma lúdica”, informou a deputada. No caso da categoría Paxariños, un obradoiro e un contacontos adaptados ás necesidades do centro. O último día para enviar as candidaturas é este domingo 12 de febreiro a través do correo electrónico [email protected].

Ademais, a Deputación tamén organiza unha visita guiada ao xardín de camelias do Castelo de Soutomaior o 23 de febreiro centrada na camelia Rosalía de Castro. Esta variedade de camelia foi nomeada en 1968 polo viveirista Alfredo Moreira da Silva, e a primeira vez que se atopou en Galicia un exemplar de camelia Rosalía de Castro foi no Pazo provincial ese mesmo ano durante o IV Concurso-Exposición Internacional da Camelia organizado pola institución. As persoas que participen na visita (pódese reservar desde a web do Castelo) poderán levar á casa un exemplar para cultivar esta flor nos seus xardíns.

O departamento de Lingua desenvolverá máis actividades prolongadas no tempo. Segundo explicou María Ortega está xa en marcha a segunda edición do programa ‘Rosalía, a súa casiña, o meu lar’ de visitas escolares á Casa-Museo de Rosalía, que pretende achegar a figura e o legado da autora á rapazada de Primaria e Secundaria de toda a provincia, e nesta ocasión ampliou o número de visitas a 35 centros de ensino. Ortega subliñou que “Rosalía é o noso símbolo, a nosa matrona, e é importante que se coñeza a súa vida e os lugares onde se desenvolveu o seu pensamento, a súa forma de vida entre labrega e fidalga”. As visitas á Casa de Rosalía servirán para dar a entender de forma máis efectiva a importancia de Rosalía como referente e figura central da cultura galega.

Por outra parte, en abril instalarase no vestíbulo do Pazo provincial a exposición ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía’. Segundo subliñou a deputada de Lingua, esta iniciativa –tamén da man da Fundación Rosalía de Castro– xurdiu no marco dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, mais non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario “que busca aproximarse ao que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra”.

A exposición consta de cinco seccións con 40 imaxes de rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Tamén dispón dun vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos, para o que se dispón dun procesamento fotográfico de calidade, levado a cabo por Miguel Fraga Vila, que traballou no proxecto xunto a María López-Sandez nun proceso dirixido por María Isabel Fraga Vila, profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Temas: Deputación de PontevedraRosalía de Castro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

A la venta las entradas con descuento para Pablo López y Sergio Dalma en el nuevo festival de O Porriño
Música

Un fiestón gratis en las canteras de O Porriño para inaugurar el Petra Rosa Festival

Galicia ya tiene su particular 'Starlite'. Un festival en un entorno único como las canteras de O Porriño con artistas top de España, y ahora con una fiesta gratis

PorAlfredo Teja
23/06/2026
Fiestas

Redondela ya tiene fecha para su famoso Entroido de Verán con un bombazo musical

Redondela ya tiene fecha para una de sus grandes fiestas, el Entroido de Verán. Contará con la actuación de un conocido grupo internacional

PorIván Dacal
22/06/2026
Guía definitiva del San Juan en Vigo 2024 con todas las fiestas y sardinadas (algunas el sábado)
Fiestas

El Casco Vello de Vigo vivirá un San Xoán mágico con hoguera, sardiñada y música

El Casco Vello de Vigo acogerá un año más su gran San Xoán. Contará con su tradicional sardiñada, hoguera y música

PorSara Rodríguez
22/06/2026
Uno de los municipios del norte de Portugal más próximos a Galicia pone fecha a su gran fiesta medieval
Qué hacer

Uno de los municipios del norte de Portugal más próximos a Galicia pone fecha a su gran fiesta medieval

Caminha disfrutará de una gran fiesta medieval durante cinco jornadas consecutivas. Su centro histórico viajará al pasado para su celebración

PorIván Dacal
22/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo
Enfoque

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

PorMetropolitano
22/06/2026

La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X