A exitosa Vigo 1972 chega a Cangas, Mos e Gondomar

Vigo 1972 foi un dos filmes no pasado ano a nivel nacional. Tras o seu exitoso paso polos cinemas galegos e a piques de iniciar a súa distribución fóra de Galicia, a longametraxe documental proxectarase estes días na bisbarra de Vigo.

Esta fin de semana haberá un total de tres proxeccións. Este venres, a obra que narra a folga máis importante da historia de Galicia estará a partir das 21:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas dentro do programa “Cinemas de Galicia”. O prezo da entrada é de 3 euros.

Tamén neste 18 de maio, Vigo 1972 proxectarase, ás 21:00 horas, no CSCD As Pedriñas. Ademais, o público que acuda a localidade louriñesa poderá asistir á presentación e o coloquio do director do documental, Roi Cagiao. Como peche, o evento contará coa actuación de Leo Arremecághona, artista que xa poidemos gozar na pasada edición do festival Revenidas.

O sábado é a última oportunidade para ver Vigo 1972. O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle, ás 19:00 horas, a proxección do filme, que inclúe a presentación e coloquio por parte do propio Roi Cagiao e Waldino Varela. O evento está organizado polo Comité Comarcal de Vigo do Partido Comunista de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*