Ao redor de 50 postos de artesanía e de agricultura sustentable chegarán esta fin de semana ao concello de Moaña para celebrar unha nova edición da Feira ECOartesá, convertida xa nun referente en Galicia. Terá lugar este domingo, 12 de setembro, na contorna do Palco da Música de Moaña (avenida de Concepción Arenal).
A cita, que conta cunha alta demanda de artesáns de toda a comunidade, leva celebrándose dende fai seis anos e “venceu” incluso á pandemia ao contar cunha edición especial no pasado verán. “A primeira edición tivo un éxito tan abraiante que continuamos apostando por ela e consolidouse como referente”, explica a concelleira de Promoción Económica, Coral Ríos, para sinalar que “contribúe ao negocio da hostalaría local ao mover moita xente ao longo de toda a xornada”.
O seu horario prolongado, de 11:00 a 21:00 horas, permite distribuír aos asistentes para evitar aglomeracións, aínda que o recinto contará coa coordinación da Protección Civil. Ao longo da xornada a cita contará cunha exhibición dun cesteiro que amosará o seu traballo tradicional en directo.
Os asistentes poderán atopar produtos de artesanía, xoiería, antigüidades, mobles, minerais ou roupa tradicional, entre outros, pero tamén de alimentación como queixos, mel, embutido, pan artesán ou petiscos árabes. Amais, no apartado gastronómico volverá haber churrasco e polbo, que ademais contará con “haimas” con mesas burbulla para grupos familiares, separadas entre si.
A cita, que permite achegarse aos produtos da terra, tamén está pensada para os nenos e nenas da casa. Para eles haberá dous obradoiros da man de Matrácala. As 12:00 horas a rapazada que asiste poderá entrar en contacto co traballo da horta e aprender a cultivar en primeira persoa, mentres que ás 17:00 horas o obradoiro estará dirixido a ensinar á rapazada a distinguir as follas das árbores que viven na nosa contorna.
No apartado musical, a Feira ECOartesá de Moaña contará con sesión vermú ás 12:30 horas da man de The Lelli Kelly’s, o espectáculo “A voar” de Ce Orquestra Pantasma ás 18:30 horas e a actuación da Banda de Música Popular Airiños do Morrazo ás 19:30 horas. A zona de actuacións estará perimetrada e contará con cadeiras e puntos de acceso vixiados pola Protección Civil de Moaña.
El Berete Rock, el Festival de Artistas de Rúa y una amplia programación completamente gratis marcan el verano redondelano
Baiona ofrecerá a lo largo del verano visitas guiadas para conocer su historia y naturaleza y "veladas musicales" para disfrutar de la música
Valladares volverá a disfrutar este verano de una de una de sus reconocidas fiestas, las de San Campio. ¡Este es el programa!
El Negrita Music Festival desveló en los últimos días dos nuevos artistas para su festival en O Porriño. ¡Descúbrelos aquÍ!
Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL