O Tomiño FC organiza o vindeiro domingo, 8 de marzo, a terceira edición da Festa dos Callos, unha festa gastronómica nacida co fin de recadar fondos para o club, e á vez ampliar a oferta de actividades da axenda da vila.
Dado o´éxito obtido nos anos anteriores, a organización incrementará tanto os quilos de preparación, coma o número de racións. Así o manifestaron este mediodía, durante a presentación da festa, celebrada na Praza do Seixo, aproveitando a celebración do mercado ambulante dos mércores.
Tras a boa acollida das anteriores edicións, a festa segue a ser concibida coma “unha forma de encher de vida e dinamizar a vila, ao tempo que se apoia ao deporte tomiñés”, segundo salientou a alcaldesa Sandra González durante a presentación, á que tamén asistiron os concelleiros de Deportes, Fran Campo, e de Servizos Públicos, Lois Vázquez, así coma o presidente do club, Manuel Vila e outros membros da organización. Vila agradeceu o apoio de todas as entidades implicadas e amosouse satisfeito polo respaldo popular acadado e o feito de poder dar continuidade á cita gastronómica e mellorala cada ano.
Nesta liña, apuntou que esta nova edición conta coa colaboración do Concello de Tomiño e da empresa Coren; Comunidade de Montes VMC Barrantes; panaderías Manuel López, Camiño Novo, Parroquiñas, Currás, Tomipan e Flor y Nata; e firmas coma MRDixital, Día Tomiño e Quicelco, sumándose tamén a asociación de comerciantes (ADETO).
Unha novidade desta edición é que non haberá plásticos, polo que as racións para levar terán que ir en envases proporcionados polos clientes. Ademais, ADETO colabora entregando vales do 10% de desconto para as consumicións, a aqueles clientes que compran no comercio local durante estes días.
A organización espera repartir sobre 3.600 racións durante a festa, arredor de 1.440 quilos de callos, que poderán empezar a degustarse este domingo a partir das 10:00 horas. En caso de que o tempo non acompañe, e para maior comodidade dos comensais, a organización habilitará unha carpa no centro de Tomiño, na rúa Daniel Calzado Poceiro, moi próxima á Praza do Seixo.
A festa terá prezos populares, dando á xente que se achegue, a posibilidade de comer os callos na propia carpa, ou ben, de compralos para levar. No primeiro caso o prezo será de 9 euros, incluído callos, pan, viño ou auga, e cazola e cunca conmemorativas de barro. As racións para levar, costarán 6 euros e incluirán o mesmo que as outras, menos cazola e cunca. Neste sentido, deberase traer un “tupper” de casa.
Amenizará a festa a Treboada “Baixo Miño” e, se o tempo o permite, actuará ás 12:00 horas, a Escola de Danza “Adeixa Dance School” de Vila Nova de Cerveira.
El Home Market de Vigo organiza un nuevo mercado en un piso. Así se le busca dar una segunda vida a muebles, libros y demás objetos
Si ya te has hartado de buscar y no encontrar información real, guárdate la mejor guía de la Navidad de Vigo. Fechas, ubicaciones, novedades y más
Llega a Vigo el Mercadillo Solidario Rotary. Una oportunidad perfecta para encontrar prendas de ropa y accesorios vintage de segunda mano
Piratas de Nabia organiza un magosto en las Ons para disfrutar de castañas, comida y hasta de una ruta guiada por la isla
La Semana de Cine Submarino de la UVigo se celebra del 18 al 20 de noviembre y proyecta más de una decena de obras completamente gratis
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL