O próximo mércores 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e, co fin de homenaxear a esta figura clave das letras e cultura galegas, en O Porriño levarase a cabo unha programación cultural específica que terá coma protagonistas a diferentes artistas do panorama musical galego.
A celebración en O Porriño do 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, impulsada polas concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, pretende "recordar a súa labor e facer que siga presente para as novas xeracións", explican dende o Concello.
O primeiro acto do programa do 23 de febreriro será un recital da reputada pianista Andrea García, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño (CRC) ás 19:00 horas. O prato forte chegará ás 20:30 horas co concerto da célebre gaiteira Suana Seivane na Praza Arquitecto Antonio Palacios ou no CRC no caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a actuación ao aire libre.
Ademáis, tamén estarán presentes os versos de Rosalía na voz dun grupo de mulleres do municipio, "en representación do tecido social da vila". "Rosalía de Castro ensinou á sociedade da época, e á de hoxe en día, que as mulleres teñen voz e moito que dicir. Unha muller do século XIX que foi quen de marcar un punto de inflexión para o auxe do Rexurdimento, momento clave no eido literario e sobre todo, no político e no social", explican dende o Concello de O Porriño como a razón principal para que sexan mulleres as que puxeran voz aos versos da autora.
Desta maneira, farase unha lectura conxunta dun poema de Rosalía na que participarán Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Chus Barros do Club Ciclista SPOL, Chus Lemos e Beatriz Correa do Centro Cultural de Pontellas, Eva González do Club de Lectura do Porriño, Alicia Campos do Club Balonmán Porriño, Candela Carballas de Atrezo Teatro e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde. O recital dos versos de Rosalía será en dúas quendas, unha en cada un dos concertos que conforman a programación.
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
El festival PortAmérica desvela más artistas para su próxima edición. Hombres G es la gran novedad, pero hay muchas más como Marina Reche
Pasacalles, música en directo y muchas novedades en el encendido de la Navidad de Baiona. Así se transformará para ser el escenario más navideño
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL