Cita en Tui este venres, 18 de agosto, co Festival de Bandas de Música no que participarán a Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Unión Musical de Tenorio de Cercedo-Cotobade. O evento estaba inicialmente previsto na praza de San Fernando, pero debido á previsión de choiva foi trasladado á igrexa de San Domingos.
A cita dará comezo a partir das 21:00 horas e, con ela, o público poderá gozar cun concerto destas dúas agrupacións populares que ofrecerán un variado repertorio no que non faltarán pezas clásicas de bandas de música, pero tamén novos temas que de seguro conquistarán ao público.
A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Eloy Carrera, conta cunha ampla traxectoria que comezou a finais do século XIX. Tras múltiples vicisitudes a banda conta cunha actividade estable dende os anos 80. Son numerosos os concertos que ten ofrecido en Galicia, Portugal e noutros puntos de España. Hai uns días a banda tudense participou no festival de bandas de música de Jumilla convidados pola agrupación dese municipio, e este luns actuaron na praza das Praterías en Santiago dentro do programa Música no Camiño. As festas e romarías son tamén cita habitual da Popular de Tui e nos últimos días participaron nas festas da Virxe do Camiño e de San Roque en Tui.
A banda convidada, a Unión Musical de Tenorio, chega dende Cercedo-Cotobade baixo a dirección Cláudio Clemente Valente Dos Santos Leite. Esta agrupación naceu en 1985 denominándose daquela “Banda Xuvenil 85 de Tenorio”, e foi en 1999 cando recibiría o actual nome. Teñen actuado tamén por toda Galicia, na Semana Santa de Zamora ou nas Fallas de Valencia. Con motivo do seu 35º aniversario gravaron o seu primeiro traballo discográfico.
Vigo ya se prepara para el próximo bombazo de Castrelos. Caballero pone fecha a las entradas para uno de sus conciertos
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL