A feira de artesanía ‘Arte na Illa’ é unha actividade cultural que se celebra anualmente na Illa de Samerolameu, na parroquia de Meira, concello de Moaña. Dende a súa primeira edición no ano 2004 este evento pluricultural foi recibido de maneira moi positiva no municipio, consolidándose xa como un reclamo cultural e de interese turístico tanto na localidade como na provincia. Despois do éxito da edición do pasado 2021 en plena crise pandémica, este domingo 29 de maio celebrarase a nova edición da Feira ‘Arte na Illa’. A riqueza deste evento reside na diversidade cultural das actividades da programación, ademáis de que se trata dun evento para todos os públicos.
Este domingo 29 de maio de 2022 a Illa de Samertolameu acollerá a habitual feira de produtos de artesanía, así como outras actividades culturais para todos os públicos e de disciplinas diversas que terán lugar ao longo de todo o día en diferentes localizacións da contorna da illa, co fin de evitar aglomeracións.
A xornada comeza coa apertura dos postos e a habitual lectura do pregón que este ano correrá a cargo de Iria Pinheiro, seguido dun espectáculo de animación infantil. Ao mediodía, integrantes da asociación Meiramar-Axóuxeres de todas as idades farán unha mostra do seu traballo nas aulas anuais de gaita, percusión, guitarra, canto e pandeireta e baile tradicional.
A programación da tarde comezará coa Charanga de Lembranzas da Ría o Recital Poético a cargo dunha serie de poetas e escritoras da comarca que lerán textos propios e un poema do homenajeado nas letras Galegas Florencio Delgado e finalmente, un concerto folk está previsto para pechar o día de feira. Para o remate actuarán as Pandereteiras de Lembranzas da Ría e o Grupo Media Área.
Vuelve una de las Festas da Empanada más top de Galicia, a menos de una hora de Vigo. Y este año lo hace como Fiesta de Interés Turístico Nacional
La Baixada de Carrilanas marca el inicio de la Festa das Mercedes en A Guarda, un evento que se prolongará durante casi todo septiembre
Terror, ciencia ficción, humor y mucho más en el festival más 'freak' de Galicia. Vigo acogerá todas estas proyecciones y estrenos
El Entroido de Verán de Redondela contará con diferentes medidas de seguridad y prevención para convertirse en un espacio seguro
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL