• Demolición en Vigo
  • Aviso Temporal
  • Macro feria Portugal
  • Casting Galicia
  • Photocall Navidad
  • Proyecto turístico Baiona
  • Tardeo Remember Vigo
  • Cementerios Vigo
  • Samaín Valença
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

A Miteu da UVigo cumpre 25 anos cunha mostra de seis obras teatrais exclusivamente en galego

A Miteu da UVigo cumpre 25 anos cunha mostra de seis obras teatrais exclusivamente en galego

Edición anterior da Miteu da UVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/03/2023

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, celebra este ano as súas vodas de prata, 25 anos de representacións que, ano tras ano, achegan ao público galego os traballos das aulas teatrais de universidades dos cinco continentes. A nova edición arranca o vindeiro mércores día 29 ás 18:30 horas no Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria e estará dedicada en exclusiva ao teatro universitario galego. As representacións prolongaranse ata maio, serán en total seis espectáculos cos que pór en valor o traballo que se leva a cabo ao longo de todo o curso nas aulas e obradoiros de teatro das universidades do SUG, canteira de actores e actrices do escenario cultural galego.

“Desde a Vicerreitoría de Extensión Universitaria sentimos orgullo pola Miteu e a súa continuidade no espazo e no tempo”, subliña a vicerreitora Susana Reboreda.  “No espazo, porque é unha actividade que se realiza nos tres campus da Universidade de Vigo e, no tempo, porque con esta edición se cumpren os 25 anos”, recalca a vicerreitora, quen subliña que o desexo para o futuro é que manteña o mesmo éxito que ata de agora ou mesmo que o incremente. “Consideramos que a dinámica que se establece para a consecución das representación é a idónea, xa que durante os respectivos obradoiros-aulas de teatro, con coherencia e tesón, as persoas inscritas vanse configurando nun grupo cohesionado cun obxectivo común que cristaliza, precisamente, na representación teatral”, recalca a vicerreitora, ao que engade que a mostra demostra “a boa saúde” da que goza esta actividade. “Unha satisfacción máis é a boa acollida que ten na sociedade, en xeral, e na nosa comunidade, en particular”, apunta Reboreda.

Másnoticias

¿Se despide Vigo de las tormentas? Esta es la previsión en Galicia de esta próxima semana

Vigo encara el fin de semana con doble alerta amarilla por un tren de borrascas

29/10/2025
Arranca la demolición del histórico restaurante que fue la 'Capilla Sixtina' de Vigo, avanza el Barrio do Cura

Arranca la demolición del histórico restaurante que fue la 'Capilla Sixtina' de Vigo, avanza el Barrio do Cura

29/10/2025

Esta 25 edición será a primeira vez que a mostra se celebre exclusivamente en galego. Se ben inicialmente estaba previsto a participación dun grupo francés, problemas de última hora relacionados coas folgas que se están a vivir neste país obrigaron a cancelar a súa participación. A internacionalidade viuse pois truncada por esta situación, xa que con tan pouco tempo ao equipo de organización foille imposible traer outro grupo internacional, polo que esta 25 edición se converteu de xeito inesperado nunha particular homenaxe ao teatro universitario galego.

Media ducia de representacións de marzo a maio

Na actualidade a mostra está consolidada no Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria e, no canto de concentrarse nuns días, como se facía nos seus inicios, as representacións espállanse ao longo dous meses, de marzo a maio, case sempre en mércores ás 18:30 horas no Teatro Vidal Bolaño. A programación arranca o vindeiro mércores coa obra "Rebentadas", da ESADG, a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, “estudantes de teatro aos que, por suposto, sempre convidamos a estar”, explica o actor e director teatral Salvador del Río, responsable da Aula de Teatro do Campus de Pontevedra e integrante da compañía Teatro Ningures, que coorganiza a mostra xunto coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria. Neste caso a ESADG acude cunha obra dirixida por Julia Canay na que se tece unha historia que irá desvelando o nexo de unión entre unha violación nun hotel de Leeds, un partido de fútbol no que choven botellas e a limpeza étnica na cidade de Srebrenica, en Bosnia.

Tras o parón pola Semana Santa, as representacións continuarán o mércores 12 de abril, neste caso da man do grupo Maricastaña, da Aula de Teatro Universitario de Ourense, que, baixo a dirección do dramaturgo Fernando Dacosta, representará a obra "As cidades agochadas", unha viaxe por cidades “da memoria, do desexo, da morte, do poder…”. O día 19 será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela que, neste caso, porá en escena "Observacións sobre a felicidade", unha obra colectiva  dirixida por Roberto Salgueiro na que se fala sobre a felicidade, tratando de definila, intentando desentrañar os seus mecanismos…

A última semana de abril contarase con dobre representación. O mércores 26 intervirá a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra que, baixo a dirección de Salvador del Río, porá en escena "Intermitencias", unha peza na que se contan diferentes historias que tanto poden ter que ver directamente co universo teatral como coa desesperación de dous figurantes que agardan polo seu Godot particular. Ao día seguinte, o xoves 27, intervirá a aula de teatro do campus de Lugo con "Eréndida é Aríndere", dirixida por Andrea González, “unha dramaturxia en trenza de dúas mulleres, dúas historias e o vento da desgraza”.

Os anfitrións, a Aula de Teatro do Campus de Vigo, serán os encargados de baixar o pano desta XXV edición da Miteu. Farano baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, coa representación da obra "Incendios", na que se fala de tres incendios vitais: o de Nawal (nai), que pon ao espectador diante dunha vida agochada; o de Jeanne (filla), capaz de descadrar a vida cómoda nun polígono vital e familiar de suposta seguridade, e o de Simón, cunha vida que tamén arrastra múltiples inseguridades.

25 anos de teatro con compañías dos cinco continentes

Nestes 25 anos de Miteu pasaron pola mostra compañías dos cinco continentes. “Desde o principio organizouse en colaboración co campus de Ourense, eles tiñan axudas que lles permitían traer grupos doutros países e, unha vez que estaban aquí, aproveitabamos para traelos tamén a Vigo ou, no seu momento, a Pontevedra”, apunta Salvador del Río, quen explica que nestes anos viñeron grupos de América, África e mesmo Australia, o que fai da mostra “algo moi ecléctico”, salienta o actor, un dos impulsores da mostra xunto ás actrices Casilda Alfaro e Pepa Barreiro, docentes tamén dos obradoiros de teatro da Universidade de Vigo.

“Orixinariamente a Miteu naceu cun formato máis clásico, eran sete ou oito días seguidos de actuacións en diferentes espazos, tanto nos salóns de actos das escolas e facultades como noutros lugares da cidade, coma o Teatro García Barbón ou o concello”, explica Del Río. Desde o seu punto de vista, “estes 25 anos da mostra serviron tamén para que o teatro universitario galego teña moito nivel”, destaca Del Río, quen gaba a calidade dos grupos universitarios galegos, sobre todo, os de Ourense e Santiago, “xa moi consolidados e que xiran por toda España; pero tampouco quero esquecerme da de Vigo, que leva 25 anos facendo teatro de xeito ininterrompido, nin da de Pontevedra, que hai un par de anos que volveu iniciar o seu percorrido”.

Como desexo para o futuro desde o equipo de organización da Miteu téñeno claro. “Que siga esa comuñón co público, non só co universitario senón co público en xeral. Falamos de teatro universitario, feito por estudantes, das máis variadas disciplinas, unidos por este lugar común, o teatro”, conclúe Del Río.

Temas: MiteuteatroUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Abierto un casting para participar en una serie que se rodará en la zona de A Guarda y Tui
Qué hacer

Se buscan figurantes para el rodaje de una película en Galicia, este es el perfil

...

PorIván Dacal
29/10/2025
Vigo autoriza a cerrar dos horas más tarde a hostelería y ocio nocturno durante O Marisquiño
Fiestas

El tardeo llega a lo grande a Vigo con fiesta retro de música de los 80, 90 y 2000

...

PorCarlos I. Castrillón
29/10/2025
Valença lleva el miedo a su fortaleza en una "Scary Night" con fantasma, zombies y una ruta de terror
Qué hacer

Valença lleva el miedo a su fortaleza en una "Scary Night" con fantasma, zombies y una ruta de terror

...

PorIván Dacal
29/10/2025
La otra "macro feria" del norte de Portugal que no todo el mundo conoce en el sur de Galicia
Qué hacer

La otra "macro feria" del norte de Portugal que no todo el mundo conoce en el sur de Galicia

...

PorIván Dacal
29/10/2025
A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
Enfoque

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

PorMetropolitano
29/10/2025

As edicións previas de Cátedra Feminismos permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X