• Alerta calor Galicia
  • Venta entradas Castrelos
  • Rescate niño Vigo
  • Nuevo festival Vigo
  • Roteiro do Mexillón
  • Piscinas Salceda
  • Galicia Fest
  • Cierre tráfico Balaídos
  • Samil Vigo
  • Toy Story Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A primavera (cultural) comeza mañá na Universidade de Vigo

A primavera (cultural) comeza mañá na Universidade de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
13/03/2018

Tras o aperitivo da actuación da banda coruñesa ChotoKoeu, este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, tanto europeas como doutros continentes. É o prato forte, pero non o único, o menú inclúe tamén propostas musicais con grupos emerxentes e bandas consolidadas e, como vén sendo habitual, cine en versión orixinal, nesta ocasión coa resistencia como eixe temático central dos filmes.

A nova programación cultural arranca este mesmo mércores coa estrea da XX edición da Miteu, será ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa representación da obra Veciños a cargo da Escola Superior de Arte de Galicia, ESADg, e tamén cunha nova edición, e xa van oito, do ciclo de Cine e Lingua Let’s go to the flicks coa proxección da película North Country (Niki Caro, 2005).

Másnoticias

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

19/06/2026
La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

18/06/2026

Sete semanas de teatro universitario

As actuacións da XX edición da Miteu serán ás 18.30 horas no Vidal Bolaño e prolongarase ata finais de abril. Nesta ocasión a mostra traerá ao campus a actuación de sete grupos: cinco galegos, un de Navarra e unha formación de Marrocos, que será a encargada de pór o toque máis internacional. No caso de Veciños, a obra coa que mañá se estrea a programación, as actrices e actores da ESADg retratarán unha veciñanza onde se misturan os personaxes máis dispares enfrontados en problemas de parella, conflitos familiares, amorosos e diferentes visións da vida. Todos eles soben e baixan as escaleiras desta comunidade de veciños un tanto peculiar. A dramaturxia parte de textos da obra Cabaret Tráxico, Opera Pánica de Alejandro Jodorowsky, e textos de Confesiones antes del fin de la era humana de Alberto García Martín. Dirixida por María Crespo, o seu elenco está formado por Sonsoles Cordón, Yago Espasandín, Yolanda Lorenzo, Iván Márquez, Ainhoa Martínez, Raúl Pérez e Jennifer Vilar.

O programa da Miteu continuará o 4 de abril coa participación da Aula de Teatro Universitario de Ourense, Maricastaña, que representará a obra As ondas das pedras no río, o 4 de abril. Uns días máis tarde, o 10 de abril, tocaralle a Aula de teatro da USC de Santiago, con Pasar por Nida. O 16 de abril será a quenda da Compañía de teatro da USC-Lugo, con WK. O 18 de abril actuará o primeiro grupo de fóra de Galicia, a Aula de Teatro Universidad Pública de Navarra, que representará Superhéroes de barrio. Posteriormente, volverán as propostas galegas coa actuación dos anfitrións, a Aula de Teatro Universitaria do campus de Vigo, que representará a peza Paraíso. Por último, pechará a Miteu, a proposta máis internacional, a que ofrecerá o ETM, de Marrocos, con El Itsmo.

No eido musical, a programación retómase o mércores 21 co Sonora 18 que, nesta ocasión, traerá unha combinación entre o rap de Malandrómeda e o garage rock de Los Bengala. Grupo compostelán formado por Hevi e o Master do son, en 2016 a Revista Rockdelux nomeou o disco dobre Os corenta e oito nomes do inimigo de Malandrómeda como mellor álbum nacional e o pasado ano gañaron na categoría hip-hop os Premios Martín Códax da música. O cartel do Sonora complétase coa actuación dun dos grupos independentes máis recoñecidos da actualidade, Los Bengala, de Zaragoza, dous músicos que logran cos seus instrumentos e as súas voces, directos contundentes.

A música continuará o 17 de abril co Concerto Ensaiamos, Colleita 2018. As bandas que este ano terán a oportunidade de pórse diante do público serán Cool Cucumbers, Undef, Lendas do Alén, Spleen e Malboro Tigers. O grupo gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Cine en versión orixinal

Completa a programación o ciclo Cine e Lingua centrado nesta ocasión na resistencia como temática das historias seleccionadas, con diferentes filmes cuxos protagonistas principais se enfrontan a duras situacións. A idea é a de achegar ao público, tanto universitario como resto de persoas interesadas, cine en versión orixinal. A primeira película en proxectarse vai ser North Country (Niki Caro, 2005). Protagonizada por Charlize Theron, este filme está baseado nunha historial real de discriminación de xénero no traballo e nel relátase a vida dunha nai solteira e o seu duro día a día como traballadora nas minas de ferro do norte de Minnesota.

A película estará presentada e moderada por Jeff Beasley, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Con entrada libre ata completar aforamento as proxeccións no edificio Cambón (rúa Oliva,3) prolongaranse ata principios de maio.

Temas: culturaMiteuocioUniversidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

"Cada niño un juguete", la campaña solidaria viguesa por Navidad con el alma de "Toy Story"
Qué hacer

Toy Story cobra vida en Vigo, así es la emotiva acción que aterriza en unos cines de la ciudad

¿Ya has visto la nueva película de Toy Story? Unos cines de Vigo lanzan una campaña solidaria para darles una nueva vida a juguetes

PorSara Rodríguez
22/06/2026
Vigo inicia la cuenta atrás para disfrutar de un verano plagado de grandes conciertos
Música

Últimos abonos para el primer festival del verano en Vigo, el Galicia Fest calienta motores

Cuenta atrás para uno de los festivales más esperados de Vigo. El Galicia Fest saca a la venta 500 nuevos abonos

PorSara Rodríguez
22/06/2026
Música

Vigo anuncia el inicio de venta para las entradas de los conciertos de Castrelos

El concierto de Deep Purple será el primero en poner a la venta las entradas para disfrutar del Vigo en Festas 2026 en la platea de Castrelos

PorÁngel Vila
22/06/2026
Nace un nuevo evento cultural en Vigo junto al mar, con conciertos, mercadillo y deporte
Música

Nace un nuevo evento cultural en Vigo junto al mar, con conciertos, mercadillo y deporte

Nace en Vigo la Xornada Cultural Mar de Vigo. Una cita que combinará conciertos, mercadillo, gastronomía y deporte

PorCarlos I. Castrillón
22/06/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario
Enfoque

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

PorMiguel Alonso
19/06/2026

Casas, ánforas y un asentamiento milenario, la Universidade de Vigo destapa los secretos del castro de Punta Cantodorxo, en O Grove

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X