A primeira noite de xullo despídese na Sala Ártika

Publicidad

Xullo xa forma parte das nosas vidas. Ademais das Festas da Coia, a primeira noite do mes tamén se pode gozar baixo teito, concretamente na Sala Ártika. O local situado no número 113 da Avenida de Beiramar continúa na tarde/noite do domingo con dúas interesantes propostas para os amantes do teatro, "Episodio I: Mirlo y Rula" e "Gypsy Lacé".

A primeira será "Episodio I: Mirlo y Rula", que terá lugar ás 20:00 horas. A peza trata dun home silandeiro (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula). As dúas personaxes cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política. A peza, duns 60 minutos de duración, está recomendada para idades xuvenís e tamén para adultos.

Pouco despois, ás 23:00 horas, o cabaret chega á Sala Ártika. Miss LaCé está de volta na cidade cun novidoso espectáculo permanente que inundará a sala viguesa da mellor picardía, sensualidade e glamour nunca vistos na urbe galega. "Gypsy Lacé" é un show con artistas convidados como a gran Lady Dramakuin, que acompañarán á anfitrioa xunto a Rony Flamingo e moitas sorpresas máis. O recital durará arredor de 60 minutos e está destinado a maiores de idade.

As entradas para calquera dos dous espectáculos teñen un prezo de 8 euros de xeito anticipado na plataforma de Ticketea, sen contar os gastos de xestión, e de 10 euros no despacho de billetes.

Salir de la versión móvil