A nosa arte efémera confraternizará co outro lado do Atlántico e acollerá á delegación de alfombristas “La octava noche” de Uriangato Guanajauto, México, que deixará a súa pegada no Corpus de Ponteareas 2019.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou a visita desta delegación que leva máis de 53 anos adicándose a prolongar unha arte popular e colectiva, ao igual que o fan os e as alfombristas de Ponteareas, conseguindo transmitir a millóns de persoas esta parte da cultura e historia de México.
A delegación de Uriangato, ao igual que os e as alfombristas locais, leva no sangue o amor pola conservación da confección das alfombras florais e contribúen na preservación da cultura expresa mediante arte efémera, formando parte da Comisión Internacional de Entidades Alfombristas.
“La Octava Noche” alfombrará un tramo da Praza Maior tralo seu paso pola Flower Carpet de Bruselas, Bélxica, amosando a fermosura das súas creacións que xa teñen viaxado por California ou Xapón.
As begonias, dalias e as cortizas de árbores, entre outros ingredientes naturais, forman parte esencial dos seus deseños. Responsables da coordinación de tres encontros internacionais de alfombristas con sede na súa cidade, “La Octava Noche” ten estreitado lazos con países como Brasil, Italia, Malta ou India, onde promove e prolonga esta tradición e sabedoría popular.
Unha comisión de Uriangato visitará Ponteareas para coñecer aos e ás alfombristas que neses días traballarán incansables nos seus portais e ademais agasallar a todos os visitantes un anaquiño da súa arte efémera pasando a formar parte da historia do Corpus de Ponteareas.
Ponteareas da un paso máis na internacionalización da arte efémera ampliando horizontes e estreitando lazos coas delegacións máis representativas a nivel mundial.
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
El festival PortAmérica desvela más artistas para su próxima edición. Hombres G es la gran novedad, pero hay muchas más como Marina Reche
Pasacalles, música en directo y muchas novedades en el encendido de la Navidad de Baiona. Así se transformará para ser el escenario más navideño
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL