O artista vigués Amaro Ferreiro súmase aos músicos que o Festival de Cans programará este ano no novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. A súa actuación terá lugar ás 20:00 horas do venres 4 de setembro. Ferreiro fará un concerto especial para esta edición do Festival de Cans, prevista para celebrarse do 2 ao 5 de setembro, no que mesturará moitas das súas cancións vencelladas coa súa memoria cinéfila con temas do seu novo disco, que tamén ten resonancias de cine: “Personajes secundarios”.
Ese mesmo día, tras o concerto, terá lugar a chamada ‘Noite das homenaxes’, onde se entregará o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez e os Chimpíns de Prata do certame, ademáis da presentación dos xurados do festival e a estrea do documental “Cans 16”, dirixido por Isaura Docampo.
Só 300 espectadores poderán asistir a esta actuación especial de Amaro Ferreiro e á Noite das Homenaxes, e para acceder a este espazo será preciso adquirir unha entrada a un prezo de 7 euros. Desde hoxe, as entradas poden adquirirse na tenda en liña do Festival de Cans (preme aquí).
Todas as persoas asistentes terán adxudicada unha cadeira, coas correspondentes medidas de distanciamento entre espectadores, e como acontecerá durante todos os días do festival, a hora de peche do festival está prevista para as 23:30 horas da noite.
O cartaz musical do Festival de Cans completarase coa viguesa Babykatze, que vencella imaxe e música creando un personaxe etéreo e sorprendente cunha mensaxe de carácter universal. Proporanos unha viaxe a un mundo onírico tecido con capas electrónicas e samples onde se mesturan ritmos contundentes cunha voz máxica.
Babykatze chega na Noite Lasal, a do xoves 3 de setembro, na que terá lugar o concurso de videoclips. Tanto a actuación de Babykatze como o concurso de videoclips terán lugar no auditorio exterior da Biblioteca Municipal. O aforo estará limitado a só 100 persoas que ocuparán un asento e deberán facer unha inscripción previa uns días antes da actuación, a través da web do Festival de Cans. A Noite Lasal dos videoclips e a actuación de Babykatze chegan no mesmo día no que se estrea na gran pantalla a película “A Illa das Mentiras”, de Paula Cons, que será o filme de apertura do certame.
Logo da boa evolución da venta de abonos, concluída o pasado sábado, as entradas soltas restantes están á venda dende esta semana na tenda online do Festival. Só restan 70 entradas para as sesión matinais e 60 para as sesión de tarde.
Debido á significativa reducción de aforo da actual edición de Cans, e ás medidas de hixiene e distanciamento, só se poderá acceder ás actividades a través dunha entrada, xa que non haberá actividades de libre acceso. Os prezos das entradas soltas, oscilan entre os 10 euros para acceder á sesión matinal e ó coloquio con Óliver Laxe, ata os 15 euros para asistir á sesión de tarde e ó concerto de Hendrik Rover y Los Míticos Gts e á gala da entrega de premios. Para acceder por separado ó coloquio ou á actuación musical, os prezos serán de 3 e 7 euros respectivamente.
O Festival de Cans prepara un novedoso formato con medidas de prevención moi estudiadas que terán como obxectivo ofrecer as máximas garantías de hixiene, seguridade e distanciamento social ao público e aos veciños e veciñas de Cans. A eliminación das actuacións musicais nocturnas no Torreiro, a reducción de aforo e ó “escudo protector” ás persoas maiores da aldea, marcan os eixos centrais destas medidas.
Una experiencia única para ver los Fuegos de Bouzas desde el mar y con picoteo. Los barcos parten desde Vigo y Cangas
Si te gusta la vieira, no te puedes perder esta fiesta gastronómica a 40 minutos de Vigo. La Festa da Vieira de Cambados desvela las tapas y precios
Vuelve el terrorífico "Pueblo Fantasma" con tres días de adrenalina, miedo y humor. Uno de los planazos del verano en Galicia (y a solo 90 minutos de Vigo)
La Festa do Viño do Condado de Tea o eventos como "Imos de Guateque" o "O Son da Muralla", entre las actividades destacadas en Salvaterra
A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL