A Feira do Viño do Rosal arranca este venres 17 coa súa edición máis especial e diferente. A través da web feiradoviño.gal e outras plataformas, o público poderá seguir toda a programación da feira, que comeza este mesmo venres 17 ás 20.00 h co pregón do prestixioso sumiller Luis Paadín e a posterior inauguración virtual, que contará coas intervencións da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; do presidente da Confraría Cabaqueiros de Viños do Rosal, Enrique Costas; dun representante do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas; e coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Tras este pistoletazo de saída chegará ás 22.00 h o primeiro concerto da Feira, un concerto de regueifas a cargo de Luis Correa, O Caruncho, e Benito Lobariñas.
Xa o sábado 18 será a quenda ás 20.00 h do maridaxe showcooking da man do chef Iván Méndez e dos divulgadores de viños Luis e Alejandro Paadín, evento no que colabora a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural. O día rematará co concerto ás 22.00 h do grupo Fanfarria Takicardia.
O domingo 19 retransmitirase ás 12.00 h a cata comentada co sumiller Luis Padín e ás 20.00 h anunciaranse as fotos gañadoras do concurso ‘Viño-Experiencia’, que busca recoller en imaxes as distintas formas de vivir os viños do Rosal. O concurso estará activo tanto para participar como para votar as fotografías preferidas ata o domingo ás 19.00 h. Toda a información do concurso e como participar atópase na páxina web da Feira.
Na web tamén permanece aínda aberta a tenda en liña da feira, na que todas as persoas interesadas poderán mercar aos mellores prezos con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Valmiñor para desfrutar deles tranquilamente na casa.
El Concello de Nigrán ofrece este sábado en el Cine Municipal de A Ramallosa la película ‘Charlie y la fábrica de chocolate’
Arranca uno de los grandes eventos de la Navidad de Portugal: descubre los horarios y todos los detalles de la Fortaleza de Chocolate
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL