Danzantes e damas volverán encher de ledicia, cor e música o Nadal de Ponteareas. O goberno municipal quere recuperar esta cita histórica coa celebración do I Festival Internacional de Danzas de Reis, co que por en valor esta mostra da cultura local e manter vivos os seus sinais de identidade.
A cita, que se celebrará o domingo 23 de decembro a partir das 17:00 horas , eríxese como a primeira da Península exclusiva para este tipo de danzas, Arrancará cunha recepción no Concello para dar paso a unha ruada polo centro urbano e chegar ao auditorio municipal arredor das 17:30 horas, para comezar as actuacións dos cinco grupos participantes.
O Rancho de Reis de Guláns, o Rancho de Fozara, o de Santiago de Oliveira, o Rancho de Reis da Feira de Salceda de Caselas e o Rancho Pauliteiros de Miranda (Portugal) ofrecerán ao público unha lección de historia coa recuperación de traxes, músicas, cantares e movementos típicos das datas de Nadal nas que a veciñanza ía dunha parroquia a outra anunciando a chegada do día de Reis.
Ataviados de branco, os homes con gorros de cores adornados con espellos e plumas e as mulleres con sombreiros de palla con flores de cores, os mozos e as mozas visitaban as parroquias veciñas danzando “castañetas, palillos, arquiños e vestir o pao”. Catro danzas ancestrais que o Rancho de Guláns sempre mantivo vivas sen cesar a súa actividade ao longo da historia da parroquia.
Castañolas, gaitas, bombo e pandeireta servían a esta mocidade para celebrar a chegada dos Reis alegrando con cintas de cores as súas vestimentas e instrumentos.
Os Pauliteiros de Miranda chegan dende Portugal por vez primeira á comarca coa súa danza guerreira chamada “dança dos paus” acompañados de gaitas de foles e bombo na que só os homes bailaban, aínda que recentemente se incorporaron as mulleres.
Con máis de vinte anos de percorrido, os Pauliteiros de Miranda son unha das principais atraccións do nordeste transmontano e contribuíndo na divulgación destas danzas brancas tan particular das terras de Miranda que levan por romarías, festas e diferentes actividades organizadas en todo o mundo.
El sueño de una emprendedora de Vigo está a punto de cumplir ocho años. Ha preparado toda una semana de celebración en su obrador
Vigo se convertirá en el epicentro del teatro más alternativo. Teatro Gorrilla vuelve a Churruca para ofrecer un día cargado de arte y cultura
Una gran fiesta de Pre Fin de Año reunirá a seis djs, a los cantantes de la Panorama y a la Olympus. ¡Descubre aquí dónde y cuándo!
El próximo 29 de noviembre arranca la Navidad en Valença y ofrece de todo. Chocolate, mercado, photocalls, música y hasta un parque temático cerca de Galicia
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL