
Este venres celebrarase a segunda das charlas do ciclo de "Barferencias", a cargo de Miguel Carrero Pazos, co título "Contribucións dos modelos informáticos para a análise espacial do Megalitismo galego".
O faladoiro, que terá lugar este venres no pub-cafetaría Viceversa ás 20:30 horas, comezará cunha introdución ao período Neolítico, tratando o fenómeno tumular como tema principal; isto é, a construción das mámoas no segundo período da Idade de Pedra.
O encontro continuará analizando as distintas etapas cronolóxicas que permiten identificar os tipos de monumentos construídos e a súa evolución ao longo do tempo, así como unha reconstrución das técnicas empregadas polos moradores para a construción dos megálitos.
Tras esta primeira parte, que permitirá aos asistentes achegarse ao fenómeno, analizarase a súa distribución en Galicia a través do corpus de datos do que dispón o grupo de estudo ao que pertence o relator e que, na actualidade, é o máis completo do Megalitismo galego.
O corpus, creado ao longo de anos de traballo, conta actualmente coa axuda da tecnoloxía denominada LiDAR, un novo método de prospección sobre cuxa aplicación falará o Dr. Carrero. A charla finalizará cunha referencia a unha serie de estudos cos que poderán achegarse ao uso das tecnoloxías espaciais aplicadas á arqueoloxía.
As "Barferencias" continuarán os próximos días 12 de xaneiro, 2 de febreiro e 2 de marzo de 2018, con temáticas referentes á represión franquista, a rasa costeira e a lamprea.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL