• Polémica parque Vigo
  • Navidad Vigo
  • Investigación bullying Vigo
  • AP-9
  • Serie Galicia Netflix
  • Concierto Vigo
  • Halloween Vigo
  • Andaina terror Mos
  • Concierto Vigo
  • Pitanxo
  • Tapa Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

As editoras musiciais terán o seu protagonismo co novo Espazo Loja que abrirá o MUMI en Tui

As editoras musiciais terán o seu protagonismo co novo Espazo Loja que abrirá o MUMI en Tui

Foto da pasada edición do MUMI // Facebook MUMI

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/08/2023

O MUMI contará a partir desta edición cunha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa, dentro do apartado bautizado como Espazo Loja, e concebido como un Encontro de Editoras Musicais. Este esapazo estará funcionando o sábado 23 de setembro no Hall do Teatro Municipal de Tui, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas, e acollerá os catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora.

Novela gráfica sobre Zeca Afonso

Segundo indican dende a organización, pola tarde, ás 17:30 horas presentarase neste espazo a novela gráfica "Zeca Afonso. A Balada do Desterro", da ilustradora portuguesa Maria João Worm e a escritora galega Teresa Moure. A novela está editada conxuntamente por aCentral Folque e Tradisom, e mostra ao Zeca Afonso visto, décadas depois, por duas mulleres. "Ambas senten fascinación por aquel home que cantaba causas políticas", destacan. Pero, "entre palabras e siluetas, ambas tecen unha rede para sustentar un Zeca máis íntimo do que habitualmente os seus camaradas lembran" . "Porque, ás veces, os grandes nomes da Historia aparecen no momento correcto e nas circunstancias propicias para seren considerados símbolos, mesmo ao seu pesar", destacan.

Másnoticias

Una concejala de Tui rompe con el PP denunciando "aislamiento" y causa un terremoto político

Una concejala de Tui rompe con el PP denunciando "aislamiento" y causa un terremoto político

22/10/2025
Abre el plazo para la ruta ornitológica gratuita "Voando nas Rías Baixas" por el Estuario del Miño

El sur de Galicia se convierte en el epicentro de turismo fluvial transfronterizo

22/10/2025

Porén, antes de se tornar o cantante famoso que deu voz á Revolución dos Cravos, o "Zeca tamén foi un meniño que creceu en terras africanas, un home que se impregnou nas súas viaxes das cores de moitas terras". Nun concerto na Galiza, onde foi venerado, conversa coa súa amiga Begónia Moa e comeza a desvelar algúns segredos. As súas preocupacións mostran que está feito de carne humana; carne vulnerábel que palpita e dubida, que vibra ao contacto con outras peles e despois teme telas magoado, que persegue dar un sentido á vida. Tamén á morte. Esta novela gráfica de 192 páxinas a cor marca o debut da escritora Teresa Moure como guionista de banda deseñada. A autora estará en Tui presentando o libro canda a Ramón Pinheiro (aCentral Folque) e José Moças (Tradisom).

As editoras

aCentral Folque

aCentral Folque é unha produtora musical con máis de 20 anos de experiencia asentada en Santiago de Compostela. Fiel ás súas motivacións fundacionais, e co obxectivo de promover o aproveitamento da música galega de transmisión oral para a creación contemporánea continúa coa súa actividade docente, editorial e de produción e difusión cultural.

Entre as numerosas distincións recibidas pola súa traxectoria no desenvolvemento deste tipo de proxectos atópanse Premio de Cultura de Galicia concedido pola Xunta de Galicia en 2020, a distinción de Boa práctica de xestión cultural en Galicia da Asociación galega de profesionais da xestión cultural e a Deputación da Coruña en 2019. Como editora especializada leva publicados máis de 40 títulos onde a fotografía, a literatura, o patrimonio ou a música son eixos fundamentais.

Através Editora

Através Editora é a chancela editorial da Associaçom Galega da Língua (AGAL), que tem a misión de crear un catálogo de obra producida en Galicia que contribúa a "coñecernos mellor como sociedade, a coñecermos mellor a nosa lingua, e a divulgar obra literaria que forneza valor engadido", destacan. A escolla de Através é publicar en galego internacional. O propio nome da editora indica "unha vontade de ir mais alá das fronteiras políticas, e moitas vezes mentais, que separan a Galicia do resto da Lusofonía, apostando por unha aproximación de Galicia e os países de expresión portuguesa como demostración da vía reintegracionista como unha vía válida para marcar um patrón galego actual e útil que permita profundizar nun verdadeiro proceso de normalización lingüística", indican.

Tradisom

Tradisom foi creada para captar e divulgar as tradições musicais portuguesas, non só en Portugal, senón tamén nos lugares onde a presenza e as influencias musicais dos portugueses se fan sentir. Coas súas edicións tenta mostrar esas formas distinguidas de mutuo relacionamento musical, tendo como criterio fundamental a preservación de certas formas de expresión auténticas, coa preocupación permanente de acompañar as gravacións con detalladas explicacións de carácter científico.

A editora portuguesa ten tamén un importante papel na recuperación de todo o tipo de material fonográfico (e non só) acumulado en arquivos e coleccións particulares, susceptíbel de ser editado. Proxectos únicos como "A viaxe dos tempos" con gravacións realizadas en Goa, Damão, Diu, Cochim, Korlai (India), Sri lanka, Malaca, Sumatra, Macau, Timor Leste, Mozambique, Sao Tomé, Cabo Verde e Brasil, ou a edición da filmografía completa de Michel Giacometti "Povo que canta" en parceria coa RTP e o xornal Público, que restituíu ao pobo portugués un patrimonio de inestimável valor cultural. Como denominador común a todas as edicións o rigor científico e a estética que transforman as edicións da Tradisom en obxectos de colección, algúns deles xa esgotados.

 

Temas: librosmúsicaPortugalTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una andaina nocturna ofrece una noche de terror por el monte en Mos con sustos y pruebas
Qué hacer

Una andaina nocturna ofrece una noche de terror por el monte en Mos con sustos y pruebas

Mos acoge una andaina nocturna llena de sustos y pruebas apta para los más valientes. Habrá chocolate caliente para reponer fuerzas

PorIván Dacal
22/10/2025
Taburete regresa a Galicia este jueves para celebrar el Xacobeo con un concierto en O Porriño
Música

Nuevo gran concierto en Vigo, Taburete anuncia su regreso a la ciudad: entradas ya a la venta

Vigo, una de las paradas del esperado regreso de Taburete, que llega a la ciudad para presentar su nuevo álbum, "El perro que fuma"

PorCarlos I. Castrillón
22/10/2025
Un complejo de cabañas invita a pasar en Galicia un "Halloween de miedo sobre las ramas de un árbol"
Qué hacer

Un complejo de cabañas invita a pasar en Galicia un "Halloween de miedo sobre las ramas de un árbol"

¿Sin planes para Halloween? Esta es la propuesta de un complejo de cabañas de Galicia para disfrutar la noche más terrórifica

PorPaula Carballo
22/10/2025
Música

Desvelado el gran concierto gratis de Porta do Sol que cerrará el homenaje de Vigo a Gaza

La Porta do Sol se convertirá en el escenario del próximo gran concierto gratis de Vigo. Será el colofón del homenaje de la ciudad a Gaza

PorAlfredo Teja
22/10/2025
La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo
Enfoque

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

PorCarlos I. Castrillón
21/10/2025

Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X