O Concello de Salceda celebrará unha nova edición das Xornadas da Camelia esta fin de semana. Na mostra participarán máis de 60 expositores chegados de toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que amosarán centos de variedades desta flor ornamental de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 100 metros de exposición, situada no Auditorio Municipal.
Ademais das diferentes variedades de flor que se poderán ver en Salceda, poderanse coñecer tamén outros produtos derivados da camelia, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, que estarán presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que realiza unha labor fundamental no estudo e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor, e que cada ano ven participando na mostra de Salceda.
Segundo destacou a concelleira de Turismo, Lucía Pereira, a cita é un dos eventos máis importantes do ano no municipio, xa que nas últimas edicións contou con máis de 2.000 persoas visitantes. A Mostra conta con diversos actos de programación cultural complementaria, como a actuación de Xulio Lorenzo o sábado ás 16:30 no acto de inauguración, que contará coa presenza dos expositores ademais dos organizadores e colaboradores.
Durante a presentación do evento, a rexedora local, Verónica Tourón, salientou a “importancia de retomar actividades socioculturais tan importantes e tradicionais para Salceda” como as Xornadas da Camelia, despois de dous anos de pandemia.
Ya han presentado el programa completa de la Festa do Viño Tinto Rías Baixas. Un eventazo con festival, degustaciones, catas y mucho más
La organización de las Fiestas de Coia desvela todo lo que se podrá disfrutar desde este viernes en una de las grandes fiestas de Vigo
La Praza de Compostela de Vigo es ya el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de la Feria del Libro 2025
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL