Bebida, petisco e música en directo: volve Moaña de Tapa en Tapa

Publicidad
Actualización: A chuvia obrigou a modificar a programación inicial case por completo. Podes consultar as novas datas facendo clic nesta ligazón.

A comida ten música. No caso de Moaña, esa música é en directo. Este martes, o goberno municipal presentou a segunda edición do roteiro de petiscos “Moaña de tapa en tapa”, irmá da versión de verán. Unha cita ideal para saborear a gastronomía e coñecer os grupos musicais locais.

"Barquillo tropical" de Burguer Piscis

O “Moaña de tapa en tapa” non é un concurso, é unha viaxe polo municipio, dende o centro até as parroquias, a través dos petiscos e da música en directo en 11 locais da vila. Cada día, un establecemento será o encargado de ofrecer a súa proposta gastronómica. Esta “procesión” de tapas, prevista para que comezase o xoves, arrincará finalmente este venres, xa que a chuvia obriga a pospoñer a primeira xornada.

A primeira cita será na Camelia, Alén e Cibeles, que contarán coa actuación do Grupo Ámbar. O sábado viaxaremos á Paradela cara o Pita na Curva coa música en directo de Amighos da Parra. O luns, La Hacienda; o martes, Cervexería Muxicas; o mércores, Burguer Piscis; o xoves, 14 de maio; o venres O Canario e o sábado O Palito. Ademais, os días laborables, a Taberna Maré sumarase con tres tapas a escoller.

Cal é o prezo das tapas?

Fajitas, Fabas con polvo, saquiños de lacón con chourizo… todos os petiscos teñen un prezo común de 2,5€ e cada día repartiranse no establecemento correspondente entre as 20:00 e as 23:00 horas.

Que grupos tocarán?

Os asistentes poderán desfrutar de balde da música de Grupo Ámbar, Amighos da Parra, Café con Leche, Vento Mareiro, 2 con 2, Al Vila, Sergio Ariel e Pepe “Chiné”.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil