• Cierre parques Vigo
  • Encendido Navidad Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Magosto Vigo
  • Fiesta Vigo
  • Concierto Vigo
  • Magia en Vigo
  • Circo Nadal
  • Pueblo mágico Galicia
  • Ruta senderismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

Bueu márcase a recuperación do entroido tradicional como obxectivo

Bueu márcase a recuperación do entroido tradicional como obxectivo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/02/2018

O Entroido de Bueu ten “un obxectivo claro: recuperar a tradición”, así o salientou esta mañá a concelleira de turismo bueuesa, Silvia Carballo, durante a presentación da programación de actividades deste ano.

Así, o programa de Entroido incluirá eventos todos os días entre o 9 e o 24 de febreiro, nos que se conta coa colaboración de diversos colectivos da vila, así como da Deputación de Pontevedra.

Másnoticias

La Embajada de España no tiene constancia de la muerte de tres marineros gallegos en Namibia

31/10/2025

Mueren tres marineros de O Morrazo en un accidente de tráfico en Namibia

31/10/2025

Ademais da tradición, outro dos obxectivos é o de “deslocalizar” as actividades, que se desenvolverán en diversos espazos, cunha maior presenza nas carpas da Praza Massó e na Banda do Río.

O 9 de febreiro as actividades arrancarán cos desfiles dos centros educativos, que este ano conta coa novidade de que participan os colexios de A Pedra, Torre de Cela, e CPR Virxe Milagrosa. Xa pola tarde, a ANPA Cabo Udra do CEIP Montemogos organiza no pavillón de Beluso unha festa infantil de Entroido, con animación, maxia e inchables para os máis pequenos/as.

O sábado 10 de febreiro ás 13:00 horas comeza a sesión vermú coa actuación das comparsas na carpa da Banda do Río, actividade que terá lugar tamén os días 11,17 e 18, nos que se poderán ver ás diversas murgas da vila: Os Mulos, Os Kantaclaro, Vou nun bou, Os do pinsel e As Faltriqueiras.

Ás 11 da mañá, a Axencia de Lectura de Meiro acollerá un obradoiro de máscaras co ilustrador local Marc Taeger. Xa pola tarde, entre as 17 e as 20 horas, a carpa da Praza Massó acollerá unha festa infantil na que haberá un concurso de disfraces.

Aínda na tarde do sábado, o Club de Xubilados e pensionistas Vila de Bueu organiza no Centro Social do Mar un concurso gastronómico a partir das 17 horas. Na Banda do Río, a Asociación de Veciños da Banda do Río organiza o pasarrúas “Rumbanda do Río”, que sairá da carpa ás 16 horas, e no que participarán varias agrupacións.

Pola noite, a partir das 21.00 horas, celebrarase unha das actividades estrela: o baile e premios de disfraces “Sala Paraíso” na carpa da Banda do Río. Aquí farase un recoñecemento e homenaxe especial aos fundadores da Sala Paraíso que tiveron un papel moi importante no Entroido da vila bueuesa.

O 11 de febreiro, ás 19 horas, o Club de Xubilados Vila de Bueu organiza un baile de disfraces para xubilados e pensionistas no Centro Social do Mar.

O 12, 13 e 14 de febreiro, na carpa da Praza Massó, a rapazada de entre 4 e 12 anos poderá participar nos obradoiros de Entroido, nos que realizarán diversas actividades arredor desta data.

O 13 de febreiro, a Asociación de Veciños A Morada terá a súa tradicional Filloada, na carpa da Morada, xunto á Casa da Aldea. Membros da asociación comezarán a elaborar as filloas ás catro e a partir das seis poderanse degustar, finalizando coa actuación das comparsas.

O 14 de febreiro, a partir das 17.00 horas, sairá o desfile do Enterriño da Sardiña polas rúas da vila, e se entregarán os premios na Praza Massó, onde tamén se queimará a Sardiña.

O 16 de febreiro, a Axencia de Lectura de Meiro organiza na Praza Massó unha festa infantil de vascalleiros, na que se buscará recuperar eses disfraces con roupas vellas. Como novidade, xa se pode salientar que colaborarán varios locais da vila, aos que poderá acudir a rapazada para degustar chulas.

Ese mesmo día, a partir das 21.00 horas, o Bueu Atlético Balonmán celebra o XXXVII Festival de Comparsas no Centro Social do Mar, que terá ademais dúas novas edicións (o 23 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e o 24 de febreiro de novo en Bueu).

O 17 de febreiro, a partir das 16.00 horas hai un concurso gastronómico de Entroido na carpa da Banda do Río, organizado pola Asociación veciñal. Ás 20.00 horas, pasarrúas e actuación da Asociación de Percusionistas Aperta, que se organiza entre o Concello de Bueu e a hostalaría do barrio.

O 18 de febreiro ás 17.00 horas terá lugar o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, con posterior queima do paxaro na praia da Banda do Río e entrega de premios na carpa. E pola noite, verbena de disfraces na mesma carpa ás 21.00 horas co grupo Los tres latinos.

No acto de presentación estiveron presentes Daniel Chapela, da Axencia de Lectura de Meiro, Pablo Portela, en representación do Bueu Atlético Balonmán e da Asociación de Veciños de Meiro, Óscar Veiga, presidente da Asociación Veciñal da Banda do Río, e Rodrigo Otero e Borja Fernández, da comparsa Os Kantaclaro, e Seso Portela, de Os Mulos.

Temas: BueuCarnavalEntroidoEntroido 2018O Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Charlas, cuentacuentos y obras de teatro para concienciar por el 25N en Redondela
Qué hacer

Charlas, cuentacuentos y obras de teatro para concienciar por el 25N en Redondela

Presentan la programación para el 25N en el Concello de Redondela bajo el lema de "Ante a violencia machista, resposta universal"

PorSara Rodríguez
04/11/2025
Vuelve a Vigo el festival del humor con Ignatius, Touriñán, Luz Casal y más caras conocidas
Qué hacer

Estos son los rostros conocidos que pasarán por Vigo estos días en el Hematofesti

El Hematofesti llega a Vigo con algunos de los profesionales más destacados del país en diferentes ámbitos. Consulta sus invitados

PorSara Rodríguez
04/11/2025
Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde
Qué hacer

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

La Uvigo propone una nueva ruta cultural por uno de los valles de Galicia. Así es este recorrido de 15 kilómetros por la zona del Bibei

PorIván Dacal
04/11/2025
Zona Franca promueve la instalación de pantallas gigantes en el exterior del CC A Laxe
Qué hacer

El centro de Vigo tendrá su propio 'Hogwarts' con un despliegue de espectáculos de magia gratis

El Centro Comercial A Laxe promete un noviembre lleno de magia. El centro de Vigo acogerá todo tipo de espectáculos mágicos gratis

PorSara Rodríguez
04/11/2025
Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde
Qué hacer

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

PorIván Dacal
04/11/2025

La Uvigo propone una nueva ruta cultural por uno de los valles de Galicia. Así es este recorrido de 15 kilómetros por la zona del Bibei

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X