O Porriño ten ultimada xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila este venres, día 5, ás 6 da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.
A Cabalgata que estará encabezada pola Rondalla de Pontellas, estará composta polas tres carrozas das Súas Maxestades, outras dúas máis con regalos e unha terceira que pechara a comitiva na que haberá duendes, zancudos, cabalos ou figuras de luz, entre outras sorpresas.
Os Reis, logo de saír da rúa Doantes de Sangue, percorrerán a Avenida Antonio Palacios, continuarán por Domingo Bueno, San Sebastián, San Benito e Ramón González para chegar, á Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, logo de facer un percorrido ‘áxil’, posto que as previsións sinalan que podería chover ás 8 da tarde.
Diante do Concello, haberá un palco onde se disporán os tronos dos tres Magos nos que recibirán as nenas e nenos que se acheguen a saudalos, escoitarán os seus últimos pedidos, collerán as súas últimas cartas e posarán para as fotos que os pequenos queiran facerse con eles.
No caso de que chovese antes do remate da Cabalgata, a recepción ás Súas Maxestades se realizaría no Pavillón Municipal.
A Policía Local informa de que por mor da Cabalgata non se poderá estacionar na rúa Donantes de Sangue, dende as 3 da tarde deste venres, dende a entrada á piscina ata a rúa Antonio Palacios. Esta rúa estará cortada ao tráfico dende as 5 ás 6 da tarde, momento no que se iniciará a comitiva.
Tamén se cortará ao tráfico rodado a rúa Antonio Palacios, dende o cruzamento con Donantes de Sangue –pavillón- ata a rotonda de Aloqus- rúa Domingo Bueno- dende as 6 da tarde.
Así mesmo estarán cortada a rúa Domingo Bueno, dende o número 1 ata o cruzamento da Pontenova, dende as 6 e cuarto da tarde; o mesmo pasará nos dous carrís da Avenida de Galicia- aínda que se permitirá o acceso a residentes-; tamén Pío XII e Ramón González, Manuel Rodríguez, dende o cruzamento de Xogo da Ola ata a Panadería Chinchina-nestas rúas tamén estará prohibido aparcar-.
La gira de despedida de Andy y Lucas hará parada en Vigo. El dúo gaditano actuará en febrero del 2025 en la ciudad
El Mercado do Calvario ha organizado una semana cargada de eventos en Vigo. Una cita con el chef más televisivo, fiesta y chocolate con churros gratis
La previsión es que la pista abra sus puertas el 7 de diciembre, y se mantenga operativa hasta el 8 de enero
Un municipio gallego celebra una gran fiesta previa a Fin de Año con actuaciones de la París de Noia, de parte de la orquesta Panorama y diversos djs
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL