Cangas presenta a programación completa do Canjazz

Publicidad

O jazz veranea este agosto na comarca do Morrazo. Moaña convértese na primeira parada para os amantes deste tipo de música coa terceira edición dun festival que celebra a súa terceira edición os días 13 e 14 de agosto. Cangas recollerá a testemuña dende o domingo co seu tradicional Canjazz, un evento que festexa os 40 anos de vida e destacando que é o festival de jazz características máis antigo de Galicia.

O Canjazz presenta una programación de concertos e actividades destinado para todos os públicos. Para conmemorar a data tan especial, o festival recupera un dos seus primeiros carteis, o de 1981, agora rexuvenecido para a ocasión. Tamén haberá unha mesa redonda na que participarán practicamente todas as persoas responsables de darlle vida ao Canjazz ata hoxe en día, actuacións de músicos moi vinculados a súa historia, como o pianista Abe Rábade e un concerto “fin de festa” no Chiringo de Massó, coa cantante e produtora de hip-hop, jazz e R&B, Miss C-Line.

https://www.youtube.com/watch?v=MLGr9sBNdyU

A delicadeza sonora do dúo formado polos portugueses Rita María e Filipe Raposo inaugurará o escenario do Eirado do Costal a noite do domingo 18, cun proxecto ecléctico, a través do cal a cantora e o pianista dan a coñecer o universo musical que os inspira, que bebe de fontes tan diversas como a música tradicional ibérica, a brasileira, a portuguesa, os standards de jazz, o barroco inglés, o impresionismo francés e mesmo o cinema.

O luns 19, na Praza do Arco, ás 13:00 horas, terá lugar a primeira sesión vermú deste 2019 de mans de “O’PO-llective”. Este colectivo defínese como un laboratorio ambulante no que todos os investigadores sonoros aportan pequenas partes dos seus últimos experimentos. A banda está formada polos galegos Yudit Almeida no contrabaixo e Antón Iglesias na batería, ademais do trombonista Gil Silva, o saxofonista Joao Paulo Silva e o guitarrista Joaquim Festas.

Xa pola noite, un dos representantes máis destacados da escena portuguesa do jazz, o guitarrista André Fernandes, estará acompañado pola súa banda “Centauri” para presentar “Draco”, un disco “inspirado polas estrelas e galaxias, pola imaxinación, a espiritualidade e a ciencia”, cheo de enerxía e coa inconfundible pegada de André Fernandes.

Un dos concertos máis especiais deste 2019 correrá a cargo de Joris Roelofs o martes 20, ás 13:00 horas, na Capela do Hospital. O clarinetista baixo neerlandés, distinguido mundialmente polas súas colaboracións con artistas da talla de Brad Mehldau ou Lionel Loueke, fará un concerto a solo, no que convivirán a música e a filosofía cunha importante carga de improvisación.

Unha mostra do mellor jazz galego chegará ao Eirado do Costal o martes pola noite de mans de Abe Rábade Trio, quen presentará o seu novo disco, “Doravante”, no que conviven composicións orixinais, versións de música tradicional galega, standards de jazz, un clásico da música cubana e a transcrición harmonizada dun discurso falado. O pianista compostelán é un dos músicos galegos máis prolíficos e recoñecidos, e ten unha forte relación con Cangas, xa que estivo involucrado durante anos na organización do Canjazz e impartiu os primeiros cursos de jazz na vila alá polo ano 2000.

O Maikel Vistel Quartet dará vida a última sesión vermú da edición. A formación do saxofonista cubano ofrecerá un recital ás 13:00 horas na Taberna Cambika, cun repertorio ligado a súa terra e raíces, combinadas cun son contemporáneo, cálido e persoal.

A banda liderada polo guitarrista polaco Szymon Mika porá o broche de ouro aos concertos do Eirado do Costas cunha proposta musical de altísimo nivel. Mika, recoñecido polo seu son e técnica virtuosa, acumula premios e recoñecementos como os de Peter Bernstein, Mike Stern ou John Abercrombie, que teñen demostrado publicamente a súa admiración polo polaco.

Salir de la versión móvil