O festival de Jazz de Moaña chega con dous noites de música ao aire libre

O Festival de Jazz de Moaña celebrará este martes 13 e mércores 14 de agosto a súa terceira edición no parque da Xunqueira, un marco incomparable no que se poderá desfrutar de figuras galegas e norteamericanas en dúas noites de ceos despexados e boa temperatura.

¿NO TIENES EL SERVICIO DE ALERTAS DE WHATSAPP?
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo.

Darme de alta <> Quiero saber más

Nesta edición, destaca a participación de algúns dos grupos e músicos máis importantes do jazz a nivel mundial. Figuras coma os americanos Kurt Rosenwinkel, Greg Hutchinson ou Michael Kanan formarán parte dun cartel no que tamén participan músicos nacionais como Mayte Alguacil, Jorge Rossy, Xan Campos e Iago Fernández. Un grupo de artistas “de altísimo nivel digno dos festivais máis punteiros do país”, sinalan dende a organización.

Os encargados da apertura do festival ás 21:30 horas do martes serán André Carvalho Group, quinteto a cabalo entre Nova York e Portugal, que darán paso ás 22:45 horas a Kurt Rosenwinkel Standards Trío. Rosenwinkel é un dos guitarristas máis importantes e influíntes do jazz dos últimos 20 anos e estará acompañado por Alex Claffy no contrabaixo e Gregory Hutchinson á batería, descrito por Jazz Magazine como "o baterista da súa xeración" e un dos músicos máis respectados do noso tempo.

O mércores 14 o festival contará ás 12:30 horas cunha sesión vermú a cargo de Antonio Otero Quartet. Xa á noitiña, sobre as 21:30 horas, será a quenda de Xan Campos Trío, un dos proxectos galegos con maior traxectoria e proxección. Ás 22:45 horas chegará Mayte Alguacil Quartet. Unha das mellores voces do país estará acompañada por un trío de luxo. Michael Kanan, Horacio Fumero e Jordi Rossy. Tres dos músicos máis cotizados da escena jazzística actual.

O festival rematará cada día cunha jam session onde todos os músicos presentes poderán compartir o escenario. O primeiro día o trío de David Puime será o encargado da apertura da sesión de improvisación, mentres que o mércores será Diego Alonso co seu trío quen se encargará da apertura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*