O auditorio do Concello de Cangas acollerá este sábado, 16 de decembro, a celebración da Gala Ano Patrimonio, iniciativa impulsada este 2017 pola Deputación de Pontevedra despois do “Ano Castelao” do 2016. A cerimonia, que arrancará ás 20:00 horas, porá fin a un ano de actividades nos concellos da provincia en torno á difusión cultural de Galicia. Contará coa presenza e actuacións de Xurxo Souto, Rebeca Santos e Compañía, Pelepau, Regueifeir@s, Teatro de Ningures, Xosé M. Budiño, Mercedes Peón e a Polifónica de Bueu.
A gala, que se celebra en Cangas debido ao “fervedoiro cultural que supón a vila e o conxunto do Morrazo”, nas verbas do deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, contará con representacións coma o xuízo que se lle fixo a María Soliña ao ser acusada de meiga, pero tamén haberá espazo para a danza, a lírica ou a música de Galicia.
As entradas de asistencia están dispoñibles no Auditorio deste municipio, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Tamén se poden reservar por correo electrónico na dirección [email protected].
Las Fiestas de San Salvador de Teis ya tienen programación para este verano. Esto es lo que proponen en dos jornadas consecutivas
"Novos Pulsos" ofrece varios conciertos en salas muy emblemáticas de Galicia. Cuenta con algunos de los artistas de moda
¿Todavía sin plan para este fin de semana en Vigo y su área? Descubre todas las citas que se podrán vivir estos días
Porrigalia propone dos divertidas e intensas jornadas en O Porriño. Puedes consultar aquí la programación completa, desde desfiles a conciertos
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL