Galicia está de festa. Os galegos e as galegas están ante un día especial. Sentir Galicia é tamén gozar do que nos ofrece. Os espazos naturais, as súas idílicas praias ou as festas que cada verán permítennos desfrutar de cada un dos nosos rincóns. Para este 25 de xullo, en Metropolitano.gal queremos propoñer cinco maneiras para sacar o máximo partido a todo aquilo que nos fai vivir como galegos.
Galicia é riqueza natural. As posibilidades de facer unha escapada son case infinitas. Unha das favoritas para nós é este conxunto arquitectónico único en España e declarado Ben de Interese Turístico pola Xunta e que está ubicado a poco máis de 3 quilómetros do centro urbán do Rosal. A súa historia e como chegar o contamos aquí.
Galicia tamén destaca polos seus arenais. Ademais dos populares de Samil, O Morrazo ou Praia América, as opción son moi variadas. Unha das nosas propostas para este caluroso 25 de xullo é a praia de Fortiñón, en Saians. Esta é outras opcións para darse un bo baño en Vigo e a súa área metropolitana, aquí.
As festas do verán en Baiona continúan co concocerto do grupo A Roda na xira do seu 40 Aniversario, unha conmemoración que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona. A tradicional banda folk galega fará unha viaxe de 40 anos coas cancións más representativas da nosa terra e unha nova "colección" de temas deseñados especialmente para este "tour".
Nigrán celebra dende este mércores ata o vindeiro domingo este evento gastronómico que ten lugar no Paseo de A Ramallosa. A feira gastronómica contén un total de 14 food trucks con diversas propostas, ademais de actuacións musicais.
O sendeiro do Roteiro de Donón percorre a Costa da Vela a través dun espazo de gran valor natural, paisaxístico e arqueolóxico. Cunha lonxitude de 10 quilómetros, a ruta permite visitar xacementos arqueolóxicos, hórreos, os faros de Punta Subrido e Punta Robaleira e gozar dunhas impresionantes vistas das Illas Cíes.
A ruta circular, que pode facerse en preto de 3 horas, tamén pasa polo arenal de Melide, enmarcado por tres faros e dentro dun Espazo Natural Protexido.
Vigo tendrá un portal al Jurásico con más de 30 dinosaurios en movimiento. Una sorprendente atracción única en toda España que llega por Navidad
Vigo Porté contará con la creadora japonesa-española como artista invitada en la presentación oficial de su próxima edición, el 29 de abril
PortAmérica anuncia los primeros integrantes del cartel de una edición que tendrá lugar del 9 al 11 de julio: entradas ya a la venta
El Centro Comercial A Laxe pone fecha a su particular encendido de Navidad. Un acto repleto de sorpresas y actuaciones gratis
Desde este martes pode verse no Museo a colección realizada con Bimba y Lola e Palomo Spain
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL