Dakidarría, referente da música contestataria do país, chegará o vindeiro 6 de maio á sala Master Club de Vigo para presentar o seu novo disco, ‘Colaxe’. Unha noite na que os acompañarán como convidados a banda La Quinkillada. A banda, que vén de actuar no Viña Rock, comeza así a rodar coa súa xira ‘Colaxe Tour 22’ para facer soar o seu novo disco, ‘Colaxe’, en salas e festivais de toda a Península.
Colaxe é o sexto disco de estudio de Dakidarría onde o grupo percorre as diversas influencias musicais que o fixeron medrar e chegar ata o presente nun estado de forma envidiable tras 18 anos de carreira. Con ampliación da súa formación, a agrupación musical retoma a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posible. Novas caras que buscan dar máis fluidez e dinamismo a un show que, se antes era incendiario, agora promete ser explosivo. Un combo que pretende arrasar os palcos e que vai deixar pegada na escena musical galega.
As entradas para desfrutar do seu directo en Vigo están xa á venda. Poden adquirirse a través da plataforma Wegow a un prezo de 12 euros, máis gastos de xestión.
Logo de 18 anos dende a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos, Dakidarría etiquétase como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Acadan a maioría de idade co lanzamento do seu sexto disco de estudo “Colaxe” posicionándose como a banda de referencia no eido da música contestaria galega.
Dakidarría fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluír ata doce linguas diferentes. O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con pequenas salas como con grandes festivais.
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL