Dios Ke Te Crew, unha das bandas máis emblemáticas do hip hop galego, regresa este mes de marzo aos escenarios para iniciar a celebración do seu vixésimo aniversario. Vigo e A Coruña acollerán o venres 3 e o sábado 18 os dous primeiros concertos da nova xira do grupo, nomeada “Tremendos Anos 20”, na que revisarán as súas últimas creacións e, moi especialmente, os grandes éxitos da súa traxectoria. As entradas para as citas están dispoñibles a través da plataforma Enterticket.
Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 ‘En que ano estamos?’, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos: ‘OG’, con Boyanka Kostova.
Este mes de marzo, a banda de Ordes dará a coñecer os directos da súa nova xira acompañada, sobre o escenario, doutras figuras da escena musical galega vinculadas ao trap ou o reggae. O directo de “Tremendos Anos 20”, ademais, presenta unha potente posta en escena audiovisual: as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións de DKTC, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que caracterizan á banda.
A primeira parada da xira ‘Tremendos Anos 20’ será na sala Masterclub de Vigo (rúa Urzáiz) o venres 3 de marzo. Dúas semanas despois, o sábado 18, DKTC chegará até o Playa Club da Coruña, cidade á que regresa logo dos seus exitosos directos no Festival Noroeste e nas festas veciñais do barrio de Monte Alto. As entradas xa se poden adquirir, de xeito anticipado e desde 15 euros, a través da plataforma Enterticket, mentres que na billeteira, o día de concerto, os tickets terán un prezo de 18 euros.
El Mercado de Navidad de Artesanía Alimentaria llega este viernes a Vigo. Estas son las actividades y sorteos que ofrece hasta el domingo
Vialia Vigo se prepara para acoger talentos de toda España en su Barber Battle. Una competición que promete ser todo un espectáculo
¿Crees que haces la mejor tarta casera? Ponteareas acoge una nueva edición del concurso gastronómico que busca el mejor dulce
El Concello ha abierto el plazo para que los comerciantes y artesanos se anoten al Mercado de Navidad de Gondomar. ¡Consulta aquí las fechas!
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL