Xa está todo listo para unha nova cita cos domingos de sesión vemú no Mercado de Tomiño, que esta fin de semana cede o escenario a un músico novo na súa aposta por artistas emerxentes e locais. Marcos del Prado será o encargado de amenizar este 24 de abril a xornada nunha actuación acústica programada ao abeiro das accións de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello co obxectivo de reactivar a actividade económica e social do municipio.
A partir das 12:30 horas, o público poderá gozar no primeiro andar do Mercado da música en directo con guitarra acústica mentres toma algunha bebida e desfruta do tempo de lecer nun espazo único. Un amplo repertorio no que Del Prado interaccionará co público e percorrerá estilos que irán dende o country ou o rock español dos 80 ata o folck, os temas sociais ou a música de Luís Emilio Batallán para facer desfrutar a todas e todos os presentes. A actividade será de balde ata completar aforo.
O programa de actividades da campaña ‘Vive!’, con concertos e música en directo nas sesións vermú e a degustación de pinchos de autor nos ‘Sábados con sabor’, está a ter unha grande acollida por parte dea veciñanza, que encheu o mercado e as rúas de vida e animación durante todas estas fins de semana.
Salceda de Caselas terá o próximo sábado un concerto para celebrar o Día de Galicia. Será na primeira hora da noite
Roi Casal, Carlos Núñez o Queiman Folk forman parte del cartel del "Son Verán". Estas son las actuaciones previstas en este ciclo musical
Beade disfrutará de varias jornadas de celebración. Habrá tres verbenas, fiestas holi y de la espuma, y fuegos artificiales
Vuelve la "Festa da Paparota" de Mondariz. Ofrece una peculiar "comilona" con algunos de los ingredientes habituales en cocinas de Galicia
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL