Naceu hai 28 anos coa intención de xuntar a veciños e veciñas interesados polo baile e sen pensar que ía a crecer tanto co tempo e a acabar converténdose no grupo folclórico máis completo da comarca, cunha escola de gaitas, de danza, de percusión, de pandeiretas e mesmo coa creación dunha treboada. A Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio empeza o ano con forza. Para amosar todas as actividades que están a facer nestes intres invitar a todos os tomiñeses e tomiñesas a participar no Festival ‘Bótoche un baile’, que se celebrará este sábado 20 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio de Goián.
Trátase do tradicional encontro de Nadal, que este ano a asociación tivo que adiar por motivos persoais, un festival “familiar no que participaremos todos e todas” e que servirá de escaparate da boa música e do bo baile que saben facer as case 60 persoas que conforman a asociación, que ofrece distintas modalidades. O festival conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes Parroquia de Tomiño.
A Asociación Cultural invita a todos os cidadáns e cidadás non só a desfrutar do festival, senón a participar nalgunha das escolas que actualmente están en marcha. Con membros de entre 5 e 70 anos, os distintos grupos ensaian os martes e venres en San Benito e soamente é preciso pasar por alí ou poñerse en contacto coa organización para “probar calquera das nosas actividades. E hainas para todos os públicos porque temos moita variedade”, salienta Rocío Gómez, membro da asociación, quen asegura que “temos familias enteiras participando na asociación, estamos abertos a todo o mundo que queira visitarnos”.
Todo o aprendido e ensaiado soe poñerse en práctica en tres festivais anuais: o de Nadal, adiado o ano pasado; un celebrado no mes de agosto, no que soen facer intercambio con grupos doutras cidades tanto de España como de Portugal; e un festival infantil con todos os nenos e nenas que participan na asociación e que soe levar implicado tamén un intercambio cultural.
Pero ademais de todas as actividades musicais e de baile, dende a asociación organizan para os seus membros outro tipo de actividades “de formación para os e as integrantes, como un obradoiro de peiteados que nos sirva para cando imos a festivais fóra da casa, ou de entretemento para os máis pequenos e pequenas, como un obradoiro de adornos de Nadal, actividades coas que motivalos, animalos e que non se aburran, que desfruten e que non pensen que connosco todo é ensaiar”.
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El Concello de Tomiño abre la inscripción para la segunda edición de la Carrera San Silvestre. Estos son los detalles de la jornada
Redondela desplegará un sinfín de actividades por Navidad. Acaba de presentar su programa y esto es todo lo que ofrecerá
Tui acaba de presentar el programa del VIII Centenario de la Consagración de la Catedral de Santa María. Un sinfín de actividades para Galicia
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL