A exposición central das Letras Galegas 2017, Os mundos de Carlos Casares, chega este mércores, 27 de setembro, á Casa das Artes de Vigo, onde se poderá visitar ata o próximo 5 de novembro.
Comisariada por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez, a mostra propón un achegamento ao universo vital e literario do autor ourensán, a través dunha sucesión de territorios simbólicos: Paisaxes, Luzadas, A Viaxe, Conviña... e O Redondel, nos que se tratan aspectos fundamentais da traxectoria vital e creativa de Casarares, e da súa interacción co mundo.
A exposición conta con máis de 500 pezas, entre as que se poderán contemplan imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa ou o seu certificado de voda. A mostra divídese en cinco espazos para presentar os diferentes marcos nos que Carlos Casares se relaciona co mundo, explicando así cuestións fundamentais da súa vida, da súa promoción literaria e do seu compromiso co país e as súas xentes. A cartografía resultante permite visitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas, recuperando unha visión do escritor e dos seus lugares que buscan conectar coas xeracións máis novas.
Promovida pola Fundación Carlos Casares coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, dos concellos de Ourense e de Xinzo de Limia e mais polas deputacións provinciais de Ourense e da Coruña, Os mundos de Carlos Casares é a iniciativa central da conmemoración das Letras Galegas 2017.
Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Para o narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, o que lle reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
Membro numerario da Real Academia Galega (RAG) ata o seu falecemento no ano 2002, director da Editorial Galaxia e presidente do Consello da Cultura Galega (1996- 2002) e mais do Centro PEN Galicia, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou polo seu talento literario e tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país, así como por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega.
Bouzas, totalmente preparada para vibrar con la Brincadeira: se refuerzan los buses de Vitrasa y operativo de tráfico especial
Vigo da a conocer todos los detalles del nuevo recorrido del descenso urbano por el corazón de la ciudad, la prueba más amada de O Marisquiño
La música en directo coge más protagonismo en Castrelos con este ciclo de conciertos a la hora del vermut los domingos de junio y julio
Las personas civiles que lo deseen podrán Jurar Bandera en Vigo este mes de mayo con motivo de la presencia de una fragata de la Armada
Este viernes se podrán ver estos innovadores proyectos y prototipos en el Museo Verbum, donde será la entrega de premios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL